Skip to Content

Actividades

TERTULIA LITERARIA DE ADULTOS DO OTERO PEDRAYO

Onte á tardiña, xuntabámonos na biblioteca do Otero Pedrayo nais, pais, profes e as nosas amigas-convidadas da Cruz Vermella de Ourense, co escritor JUAN TALLÓN. Pasamos un anaco ben agradable conversando sobre a súa novela REWIND, tan magnífica como sobrecolledora.
A experiencia non puido ser máis positiva e Tallón non puido ser máis próximo, encantador e humilde. Que gusto contar na nosa cidade con escritores da talla literaria e humana de Juan Tallón! Mil grazas por acompañarnos. Todo un luxo para o Otero Pedrayo.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

DÍA DAS ESCRITORAS

 

No día das escritoras, o Otero Pedrayo contou coa mellor para dar un obradoiro de teatro: Celia Díaz.
O alumnado de 1º ESO fixo improvisacións, coñeceu as principais características dun texto teatral, creou e representou. A nosa biblioteca encheuse de historias vividas por un sinfín de monicreques... Que actividade tan bonita!
Grazas, Celia, pola maxia que lle pos a cada actividade que desenvolves.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CLARA CAMPOAMOR E O VOTO FEMININO EN ESPAÑA

 

 

O 1 de outubro de 1931, produciuse nas Cortes Constituíntes o debate e a votación que levaron a incorporar o voto feminino á constitución que se estaba elaborando e que sería aprobada no mes de decembro.
A principal impulsora de que o sufraxio feminino fora unha realidade foi CLARA CAMPOAMOR. Desde a biblioteca do Otero Pedrayo recordámola e rendémoslle homenaxe a esta abogada, feminista, autodidacta e muller valente, tan esquecida durante anos.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

26 DE SETEMBRO: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

O IES Otero Pedrayo, a través das actividades propostas desde Biblioteca, únese á conmemoración proposta polo Consello de Europa do Día europeo das linguas co obxectivo de pór en valor a diversidade lingüística. As linguas sempre suman. Sempre.
“Os 46 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos a aprender outras linguas. Convencidos de que a diversidade lingüística é unha ferramenta clave para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo.”
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TERTULIAS LITERARIAS

 

O pasado xoves, o IES Otero Pedrayo participaba, xunto con outros centro da cidade, nas Tertulias Literarias organizadas pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
Nesta ocasión, o libro escollido foi El río baja sucio, de David Trueba, e o encontro co escritor foi ben interesante. Libro moi, moi recomendado.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONCURSO "QUEN VÉN SENDO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN?"

 

A coordinadora do EDNL do Otero Pedrayo, Elvira Moroño, facía onte entrega dos premios ás gañadoras do concurso "Quen vén sendo Florencio Delgado Gurriarán?, convocado polas Letras Galegas 2022. Sabela Oterino Baltar, de 2º BAC C e Irene González Bóveda, de 1º ESO B foron as afortundas. Parabéns.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 

ARQUITECTURA TRADICIONAL GALEGA LETRAS GALEGAS 2022

Arturo Fernández Araújo acompañou hoxe o alumnado de 1º ESO para, a través dunha exposición centrada no canastro galego (aínda que non só), explicarlle ao noso alumnado máis pequecho todo o que ten a ver con esta expresión de arquitectura tradicional tan galega.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LETRAS GALEGAS 2022 LAURA ROMERO

O alumnado de 3º ESO tivo hoxe o privilexio de contar coa música e ilustradora Laura Romero, dentro da programación das Letras Galegas.
Na actividade, debuxo e relato oral sobre mulleres músicas galegas fóronse entrefrebando, creando un ambiente con moita maxia e rematando cun resultado marabilloso.
A partir do mércores, unha exposicón con 20 láminas da autora sobre músicas galegas lucirá nos corredores do IES Otero Pedrayo, acompañando a que hoxe nos fixo en directo das artistazas Aida Tarrío, das Tanxugueiras, e Mercedes Peón. Todo un luxo.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LETRAS GALEGAS 2022

Todo listo no Otero Pedrayo para as Letras Galegas 2022, ano Florencio Delgado Gurriarán.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

BIBLIOTECA NÓS

Onte, un novo grupo de 1º ESO (1º ESO D) visitaba a biblioteca pública de Ourense, a Biblioteca Nós. Fomentar o mundo do libro e o hábito lector nos máis pequenos é un dos nosos máximos obxectivos, e para iso é fundamental que a rapazada coñeza todos os recursos cos que pode contar.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut