Skip to Content

Actividades

SEMANA DAS ESCRITORAS

Esta semana celebramos o Día das escritoras no Otero Pedrayo, coa lectura das nosas escritoras durante o proxecto lector. Ademais, tivemos presentación sobre a efeméride, exposición de libros no corredor da biblioteca e unha magnífica exposición sobre a primeira poeta da literatura occidental da que conservamos poemas: Safo.
Unha vez máis, grazas ao equipo da biblioteca.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CLUBE DE LECTURA AFOUTEZA

O club de lectura para as familias, docentes e persoal non docente do Otero Pedrayo botou a andar un ano máis. E que primeiro encontro máis fantástico tivemos o pasado luns! Grazas ao equipo da Biblioteca por tanto traballo e tan ben feito.
Se facedes clic na imaxe podedes acceder ao blogue da Biblioteca

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Hoxe é o Día Europeo das Linguas. Visibilicemos linguas e culturas, que enriquecen o mundo e a nosa vida fronte a uniformismos lingüísticos.
Bom día das Linguas Europeas!

TERTULIAS LITERARIAS

Se algo nos gusta no Otero, é ler e compartir lecturas. É por iso que nunca perdemos a oportunidade de participar nas tertulias literarias organizadas desde a Concellaría de Educación no Liceo.
Esta semana, 29 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC participaron nas de castelán, comentando a novela de Isaac Rosas, Lugar seguro.
É unha das nosas actividades preferidas: ler e compartir. Que máis se pode pedir?
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SEMANA DO LIBRO

Na semana do libro, foron moitas as actividades impulsadas desde a biblioteca: concurso de marcapáxinas e impresión do gañador para agasallar ao alumndo da ESO, "citas a cegas cun libro", mercadiño de troco de libros etc. Que non nos falten nunca os libros!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CLUB DE LECTURA

Azucre, de Bibiana Gandia, foi a novela escollida no segundo encontro do club de lectura de persoas adultas do IES Otero Pedrayo.
A autora relátanos a historia tan dura daqueles mozos que a mediados do século XIX viaxaron a Cuba para traballar no azucre e acabaron vendidos coma escravos, pero faino dun xeito tan lírico e tan fermoso que o libro acaba converténdose nunha auténtica xoia. Grazas á autora por acompañarnos no encontro.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

21M, DÍA DA POESÍA

 

Onte foi o Día Mundial da Poesía e no Otero Pedrayo lémola, sentímola e gozámola: de creación propia do noso alumnado, profesorado e de poetas ourensás novas: Zaira Ferradás e María Rosa Fernández Araújo.
Foron dous actos ben bonitos os organizados desde a nosa Biblioteca!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

NO OTERO, QUERÉMONOS

Querémonos e demostrámolo! Hoxe tivemos reparto de poemas de amor, seleccionados e preparados con todo o mimo polo equipo da biblioteca; flores e pulseiras IMPRESIONANTES feitas polo noso alumnado, cunha decoración que namoraba; tamén repartirmos caramelos e bombóns... Rimos, emocionámos e gozamos querendo e sabéndonos queridos e queridas.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo participou nas tertulias literarias organizadas pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
Despois de dous encontros con alumnado doutros centros de ensino da provincia, o pasado martes, 24 de xaneiro, os rapaces e rapazas de 4º ESO e 1º BAC tiveron un encontro con LEDICIA COSTAS, autora de Golpes de luz, novela escollida para esta edición.
Que gustazo ver a tanta mocidade que, de xeito voluntario se apunta a ler e compartir opinións con compañeiros, compañeiras e coa propia escritora!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CLUB DE LECTURA "ALEITANDO". BIBLIOTECA DO IES OTERO PEDRAYO.

Se o club de lectura de adultos foi un éxito, o dos máis pequerrechos aínda o superou! O alumnado de 1º ESO escolleu a Harry Potter para este primeiro trimestre e supuxo que todos e todas nos trasladaramos a Hogwarts. Non faltou o director do centro, nin profes, nin experimentos de maxia, nin corvos nin bruxas...
Foi unha experiencia ben chula que se completará a vindeira semana co visionado do filme.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut