Skip to Content

Escolares

AS TOXINAS MARIÑAS

Este foi o título da conferencia que o científico Luis Miguel Botana López, da área de farmacoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, lle impartiu ao noso alumnado de 1º BAC Ciencias a través do programa A Ponte da Universidade. Toda unha honra!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

COÑÉCETE. EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL.

A psicóloga e sexóloga Raquel Graña impartíalle esta semana ao noso alumnado de 3º ESO a primeira das tres charlas concertadas sobre educación afectivo sexual. É un luxo para o Otero poder contar con tan boas profesionais!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

HORTO ESCOLAR

"Pra recoller, hai que sementar", di a sabedoría popular. Niso estamos no Otero Pedrayo. Chícharos, cebolas, allos... xa quedan na terra. E os amorodos, que son sempre os que máis éxito teñen!
 
Que ilusión lle fai á nosa rapazada enzoufar as mans na terra! A terra é vida.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA DO IES DA MERCÉ

Sempre é unha alegría recibir os amigos na nosa casa! Grazas Diego, grazas IES Pazo da Mercé pola visita ao IES Otero Pedrayo.

25N. FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA

 
 Onte clausurábanse no Otero Pedrayo as IV Xornadas contra a violencia con dúas charlas- obradoiro dirixidas ao alumnado de 2° e 3° da ESO:
- "Violencia de xénero no novo contexto dixital", centrada no ciberacoso. 2° ESO
- "Violencia de xénero nas relacións de parella", centrada en desmontar todos os mitos do amor romántico. 3° ESO
 
Plan de Innovación Educativa "Por 365 días de Respecto e Igualdade.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE "Fai click ao teu bocata".

Charla con bocata saudable para o alumnado de 1° ESO. Porque a alimentación é fundamental!

Plan de Innovación Educativa Xermolón
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

25N. CINEMA CONTRA A VIOLENCIA

As xornadas contra a violencia continúan no Otero Pedrayo cunha actividade de cinefórum para o alumnado de 4° ESO e 1° BAC

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

25N: EDUCACIÓN CONTRA A VIOLENCIA

" Violencia de xénero na publicidade e nos medios de comunicación". Plan de Innovación Educativa "Por 365 días de respecto e igualadade"
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

"MULLERES CIENTÍFICAS: ÁNGELES ALVARIÑO E ISABEL ZENDAL"

 

Foi o título do obradoiro impartido hoxe ao noso alumnado de 1° ESO A. De forma amena e entretida, a rapazada achegouse ao mundo das vacinas a través da figura destas dúas grandes científicas. Mostraron grande interese e houbo moitísima participación. Grazas ao Servizo de Normalización Linguística por ofrecernos actividades tan interesantes.

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MAGOSTO no IES OTERO PEDRAYO

Os xogos populares, os premios, a música tradicional e, por suposto, as castañas non faltaron no magosto do Otero Pedrayo! Viva o San Martiño! 

 

 IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut