Como non podía ser doutro xeito, o IES Otero Pedrayo non quixo deixar pasar de largo unha data destas características, na q hai tanto aínda por reivindicar. Foron moitas as actividades q xiraron arredor dela:
- O primeiro que quixemos foi visibilizala e, para iso, colocamos varios paneis na entrada con siluetas de muller a frases alusivas ao tema. Tamén, con este obxectivo, fixemos cartelería na que destacamos unha idea: as nosas aulas, os nosos laboratorios, a nosa biblioteca, a nosa sala de profes; en definitiva, o noso IES está libre de violencia.