Nas Cíes descubrimos a pericia das aves
e a medida celeste onde reside a luz.
Bañámonos nas ondas
a compartir sulagos con dóciles palmípedas.
Luz Pozo Garza
Este venres 22 de xuño o alumnado e o profesorado despediron o curso cunha excursión ás Illas Cíes, un espazo privilexiado para compartir unha xornada de convivencia e amizade e para nos desexar un bo verán e unhas merecidas vacacións.
Vémonos á volta!