O alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º ESO desprazouse ata Madrid o pasado martes 21 de novembro cos seus profesores Jano e Rosario.
O grupo visitou as coleccións permanentes do Museo do Prado e do Museo Thyssen-Bornemisza, onde tamén coñeceron a mostra Picasso, lo sagrado y lo profano, que reúne un total de 38 obras, 22 delas do artista malagueño, procedentes tanto dos fondos propios da pinacoteca como de préstamos do Musée National Picasso-Paris e doutros coleccionistas, que se unen a outras pezas do Greco, Rubens, Zurbarán, Van der Hamen, Delacroix, unha escultura de Pedro de Mena e algúns gravados de Goya.
Ademais, houbo ocasión para coñecer o centro da cidade e tamén houbo oportunidade para gozar do tempo de lecer e convivencia en grupo.
Foi unha xornada intensa que requiriu madrugón e rematou xa ben entrada a noite, mais pagou moito a pena.