Orientación |
|
|||
|
|||
Está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación. A solicitude realizarase telemáticamente a través de Sede Electrónica ata o 13 de setembro. Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, débese imprimir e presentar no centro educativo xunto coa documentación requirida. Máis información neste enlace e no Departamento de Orientación. |
|||
26/04/2024 13:33
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organizou FP Innova Galicia 2024, un Congreso de Innovación na Formación Profesional, que se desenvolveu entre os días 24 e 26 de abril na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase da sexta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a Formación Profesional de Galicia. O alumnado de 4º do noso centro visitou o congreso este venres, amosando curiosidade e interese polos traballos que os seus iguais están a desenvolver nos ciclos de formación profesional. |
|||
O pasado xoves día 18 de xaneiro, estivo no noso centro Uxía Rodríguez Nebra, unha moza estradense que trasladou ao noso alumnado a paixón polos seus estudos e profesión; a mecánica. Todo un referente, non só por romper barreiras nun mundo eminentemente masculino, senón tamén por trasladar valores como o esforzo e a perseveranza, e expresar emocións reais e sen filtros, pouco comúns no mundo virtual ao que todos estamos expostos na actualidade. Agradecemos moito a Uxía a súa visita e desexamóslle moitos éxitos! |
|||
O pasado xoves día 18 de xaneiro, estivo no noso centro Uxía Rodríguez Nebra, unha moza estradense que trasladou ao noso alumnado a paixón polos seus estudos e profesión; a mecánica. Todo un referente non só por romper barreiras nun mundo eminentemente masculino, senón tamén por trasladar valores como o esforzo e a perseveranza, e expresar emocións reais e sen filtros, pouco comúns no mundo virtual ao que todos estamos expostos. Amplía máis información neste enlace. |
|||
O pasado xoves día 18 de xaneiro, estivo no noso centro Uxía Rodríguez Nebra, unha moza estradense que trasladou ao noso alumnado a paixón polos seus estudos e profesión; a mecánica. Todo un referente non só por romper barreiras nun mundo eminentemente masculino, senón tamén por trasladar valores como o esforzo e a perseveranza, e expresar emocións reais e sen filtros, pouco comúns no mundo virtual ao que hoxe en día estamos expostos. Para coñecer máis sobre a carreira profesional de Uxía, preme aquí. |
|||
Nestas últimas semanas desenvolveuse no noso centro o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna, desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade e impartido por profesionais expertos da Garda Civil. O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu a charlas sobre acoso escolar, ciberseguridade, violencia sobre a muller ou adiccións, temáticas necesarias para contribuír á protección dos adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal. |
|||
No marco do Programa CPInclúe organizamos esta actividade coa axuda de Chafarís Compostela, que utlizou o xogo de mesa como recurso educativo e de mellora do coñecemento e cohesión entre o alumnado. Os nenos e nas de 1º e 2º da ESO, divirtíronse e aprenderon con xogos como "connecto", "sospeitosos inusuais", "mente vacina", etc. Estes e outros moitos forman parte dun banco de recursos que pretende dar alternativas para os tempos de lecer do alumnado do noso IES, complementando así a oferta de actividades do noso centro. Grazas a Chafarís polo gran traballo! |
|||
12/01/2024 08:48
Recentemente a Consellería publicou a convocatoria de probas para obter o título da ESO, dirixida ás maiores de 18 anos. Amplía información no seguinte enlace. |
|||
11/01/2024 12:32
A Consellería vén de publicar a convocatoria para as probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. O prazo de inscrición para as probas de GRAO MEDIO abrangue dende o 26 de febreiro ao 8 de marzo. A proba realizarase o 23 de MAIO. Amplía información no seguinte enlace ou a través do Departamento de Orientación. |
|||
O día 3 do pasado mes de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional. Como todos os anos, dende o noso IES quixemos dar visibilidade ás experiencias das persoas usuarias do centro COGAMI CRD Medelo de Silleda e ao traballo das súas educadoras deste centro de recursos de atención diúrna terapéutica e ocupacional da comarca do Deza-Tabeiros-Montes. O alumnado de 2º da ESO participou nunha xornada de convivencia e sensibilización coas persoas usuarias. Compartimos tempo con eles e elas, non só para coñecer a situación persoal de cadaquén, senón tamén para empatizar e vivenciar os atrancos que no día a día se atopan as persoas con discapacidade. Sigamos loitando e educando á mocidade para construír unha sociedade máis inclusiva no que todos e todas poidamos vivir sen barreiras. |
|||
O alumnado de 4º da ESO participou o pasado martes 7 de novembro no programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais", promovido pola Consellería de Educación. O programa, que ten por obxectivo capacitar ao alumnado no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), foi impartido por unha especialista da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que tamén ofreceu unha serie de ferramentas e recursos dos que poder botar man cando teñamos dúbidas sobre o uso seguro da tecnoloxía.
|
|||
Dende o 23 de xuño ao 5 de xullo está aberto o prazo para solicitar a admisión nun ciclo formativo de grao medio para o alumnado que obtivo o título da ESO ou superou a proba de acceso. Dita solicitude realízase a través dunha aplicación web que xera un impreso con instrucións individualizadas para cada alumno/a. Toda a información no seguinte enderezo web. Calquera dúbida, no Departamento de Orientación do centro.
|
|||
Está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, convocadas polo Ministerio de Educación e FP. A solicitude realizarase telemáticamente a través de Sede Electrónica dende o 8 de maio ata o 20 de setembro. Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, débese imprimir e presentar no centro educativo xunto coa documentación requirida. Toda a información neste enlace.
|
|||
Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria. Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. |
|||
O alumnado do IES Nº1 participou na II Mostra de Orientación, que se celebrou o 28 e 29 de marzo no recinto feiral do Concello da Estrada. Mediante charlas informativas e visitas aos stands, agardamos espertar vocacións, intereses e inquietudes e contribuír, dalgún xeito, á toma de decisións educativas e profesionais dos nosos alumnos e alumnas. |
|||
Os días 28 e 29 de marzo celebrarase a II Mostra de Orientación, organizada polos centros de ensino secundario e o Concello de A Estrada, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Terá lugar no pavillón principal (nº 4) do recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos. A visita aos stands será aberta e gratuíta, mentres que a asistencia ás charlas está reservada (por cuestións de aforo) ao alumnado dos centros educativos de secundaria da Estrada. Nesta Mostra participarán, entre outros: as tres universidades públicas galegas, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Centro Superior de Hostelería de Galicia, outras universidades de fóra da comunidade, institutos de formación profesional da contorna, asociacións, etc. Novas na prensa: |
|||
|
|||
|
|||
Recital Poético para visibilizar a VIOLENCIA DE XÉNEROpara o alumnado de 4º ESOa cargo da artista MIRIAM FERRADÁNSLúns 21 de decembre ás 13 horas no IES Nº 1 da Estrada
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||