Recementemente publicouse a ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. O obxectivo é premiar aos alumnos e alumnas de mellor expediente académico nos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria. Destinatarios: alumnado que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. Prazos: dende o 31 de maio ata o 30 de xuño de 2023. Preferiblemente por medios electrónicos ou, no seu defecto, presencialmente. Características:
Consulta toda a información no seguinte enlace.
|
|||