Bioloxía |
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o pasado luns 5 de xuño o alumnado de 1º ESO particicipou na actividade Os ríos na Estrada, que promoveu o Departamento de Bioloxía en colaboración co Concello e baixo a supervisión e guía de Tesouros Novos, empresa de xestión cultural. Os rapaces e rapazas, acompañados polos profesores Jorge e Jano, participaron na ruta didáctica orientada ao coñecemento dos ecosistemas fluviais dos ríos Ulla e Liñares e fixeron a ruta entre o couto de Ximonde e a Ponte Sarandón. Grazas a esta actividade, coñeceron diferentes métodos de vixilancia e monitorización da diversidade biolóxica e cumprimentaron unha ficha de diagnóstico da calidade da auga.
|
|||
|
|||
Este martes tocou saída para o alumnado de 1º de ESO. As aulas trasladáronse á cidade de Santiago de Compostela, e alí, con guías especializados, fixeron un curso intensivo de ciencias naturais, de historia e de galego. Comezaron no Museo de Historia Natural, onde aprenderon a valorar a biodiversidade, a entender os perigos do cambio climático e a recoñecer o xénero e a especie dos distintos animais. Foron dúas horas que pasaron rapidamente, porque as actividades eran moi didácticas e o museo preséntao todo dunha maneira tan visual, que as explicacións entraban "polos ollos". E o comportamento do alumnado... fantástico! De aí marchamos a pé cara ao Museo do Pobo Galego (algo de chuvia, camiñata cos amigos e un tempiño para o descanso e recobrar forzas). No Museo puidemos aprender algo da súa historia e ver as magníficas salas que amosan os modos de vida da sociedade galega; é importante coñecer o pasado para entender o presente... Alí, organizados en grupos, resolvemos un xogo de pistas e... camiñata de novo. Xa case eran as tres cando chegamos para xantar. Comida, tempiño de lecer... e volta ao IES. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Os alumnos de 3º ESO participan na Charla sobre DOAZÓN E TRANSPLANTES que organiza o departamento de Ciencias Naturais e o de Orientación do centro. A charla e levada a cabo pola OCT (Oficina de coordinación de trasplantes do Servizo Galego de Saúde). A charla é impartida por Marta Álvarez da OCT e por Dolores unha muller que foi transplantada de fígado fai 12 anos, e que ven a contar a súa experiencia aos alumnos. |
|||
Na última semana de xaneiro os alumnos e alumnas de 3º da ESO visitamos a Escola Galega de Consumo, en Santiago de Compostela, co gallo de ampliar os nosos coñecementos sobre a publicidade, o sobreconsumo ou o consumo responsable.
|
|||
Charla sobre os Espazos Naturais en Galicia. Novembro, 2009 |
|||
|
|||