Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o pasado luns 5 de xuño o alumnado de 1º ESO particicipou na actividade Os ríos na Estrada, que promoveu o Departamento de Bioloxía en colaboración co Concello e baixo a supervisión e guía de Tesouros Novos, empresa de xestión cultural.
Os rapaces e rapazas, acompañados polos profesores Jorge e Jano, participaron na ruta didáctica orientada ao coñecemento dos ecosistemas fluviais dos ríos Ulla e Liñares e fixeron a ruta entre o couto de Ximonde e a Ponte Sarandón. Grazas a esta actividade, coñeceron diferentes métodos de vixilancia e monitorización da diversidade biolóxica e cumprimentaron unha ficha de diagnóstico da calidade da auga.