O pasado martes e mércores, desenvolvemos a actividade da Xornada de Portas Abertas 2024 para o alumnado dos centros adscritos, dentro do programa de transición de Primaria a Secundaria. Tivemos a visita de 87 alumnas e alumnos de Oca, Vea, Figueroa e Codeseda, acompañados polos seus profesores e profesoras, que foron recibidos polo equipo directivo e a orientadora do instituto.
O alumnado visitou as instalacións do centro, puido observar algúns experimentos que desenvolveu a profesora Ana Mesego, do Dpto. de Física e Química, e foron agasallados cun aperitivo na cafetaría. Ademais, levaron para a casa un folleto que lles preparou Lourdes, a orientadora, con explicacións básicas de cara ao curso que vén.
Pronto os veremos a corricar polo IES! Benvidos e benvidas!