O Pavilón Coto Ferreiro acolleu o pasado venres 30 de maio un novo encontro deportivo, o último do curso, organizado pola Asociación de Deporte Escolar da Estrada. A xornada reuniu máis 400 rapaces e rapazas de 1º da ESO e 6ª de Primaria dos colexios Pérez Viondi, Figueroa, Oca, Cabada Vázquez e Lourdes e os IES Manuel García Barros e Nº 1, ademais dos CPI veciños, o Aurelio Marcelino de Cuntis e Santa Lucía de Moraña.
A actividade enmárcase no programa lúdico-deportiva XOGADE e estivo dedicada ao datchball, un deporte de cancha no que compiten dous equipos nun espazo definido e dividido por unha liña central no que os xogadores e xogadoras deben eliminar o equipo contrario mediante o lanzamento e golpeo dos balóns de xogo.