Unha representación do alumnado de 3º e 4º ESO do noso centro participou esta mañá na terceira xornada de deporte escolar, dedicada ao bádminton, que organiza a Agrupación de Deporte Escolar da Estrada. No Pavillón Coto Ferreiro déronse cita uns 150 rapaces e rapazas do CPR N.S. Lourdes, o IES Manuel García Barros, o CPI Santa Lucía de Moraña e o CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis.
Foto cedida polo IES Manuel García Barros Pola súa banda, o alumnado de 1º ESO participou o pasado martes 16 no Día da Educación Física, que ten como finalidade visibilizar a importancia da actividade física na idade escolar, xunto co alumnado doutros colexios e institutos da localidade. Cada centro participante tiña asignado un espazo nas prazas e rúas para desenvolver os xogos e actividades e ás 12h reuníronse todos na praza do Concello.
|
|||