O Colexio de Educación Física e Deportiva estableceu o Día da Educación Física na rúa para facer visible a súa importancia e reclamar máis peso da materia no horario lectivo.
A Estrada, que levaba uns anos celebrando a cita en pequeno formato, saíu este martes 25 á rúa ao grande. A xornada estivo organizada pola Agrupación Deporte Escolar e nela participaron máis de catrocentos alumnos e alumnas de todos os colexios e institutos da Estrada. Despois da cita da Coruña, a da Estrada foi a máis masiva de Galicia.