Excursións

2018-19 ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

O venres 21 de xuño, como remate do curso escolar 2018-19 o departamento de Paisaxe, organizou, para o alumnado e profesorado do IES Nº 1, unha RUTA DE SENDERISMO entre o Muíño do Salgueiro (Pina) e Paradela (campo da festa) pola beira do río Liñares. Ao remate desta pequena e cómoda ruta de 3'5 km (adaptada en 2'5 km. para persoas con mobilidade reducida), os membros do CLUB DE LECTURA achegaronse  ata o Recreo Cultural para realizar a súa última actividade, pegarse un chapuzón na piscina e comer todos xuntos. O resto do alumnado tivo no Coto salmonero de Ximonde unha actividade lúdica para tomar o merecido bocata e, grazas á colaboración do Concello da Estrada ( #TurismoAEstrada ), realizar unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS INTERNACIONAIS.

 

IES Nº 1 da Estrada

2018-19 Camiño de Santiago - do Cebreiro a Samos

O 3 e 4 de maio do 2019 o alumnado da materia de Paisaxe e Sustentabilidade de 2º ESO participou un ano mais nos intercambios do PROXECTO TERRA. Este ano fixemos o Camiño de Santiago en dúas etapas. A primeira de 13 km. (...e 650 metros de desnivel) dende o Alto do Poio ata Triacastela e o día seguinte disfrutamos da estupenda ruta entre Triacastela e Samos, de case 10 km. Ademáis, grazas a estupenda coordinación e asesoramiento de Juan Nicolás Fernández (mebro do grupo Proxecto Terra) aprendimos moito sobre as características deste entorno natural, do Camiño e da vida e histora do Cebreiro e Samos.Grazas a todos, incluído o alumnado que, ademáis de divertirse e aprender, unha vez mais respeondeu e supo comportarse á altura que se lle pide dende o IES Nº 1

 

 

2019 05 03 Camino Santiago - Cebreiro  (0)

2017-18 Ruta de Senderismo polo Grove

Comeza o curso, e no IES Nº 1 aproveitamos o bo tempo para comezar as nosas rutas para coñecer o territorio organizadas dende os departamentos de Paisaxe, Bioloxía e Educación Física. Nesta primeira saída percorricomos case 12 km. da península do Grove, dende Pedras Negras ata a Punta Moreira, donde visitamos tamén o Museo da Salgadeira e baixamos ata a praia.a disfrutar deste tempo tan peculiar

 18-19 010 excursion a san vicente do mar  (13)

2016-17 Excursión de 1º ás Fragas do Eume e Ferrol

Dentro do programa de colaboración co PROXECTOTERRA este ano o alumnado de 1º ESO participou do intercambio nas comarcas de Ferrol e as Fragas do Eume. Disfrutamos dun paseo pola ría, a guía tamén levounos polos lugares máis sinalados de Ferrol, visitamos o Museo Naval, o castelo de San Felipe, unha Aula de Medio Ambente, visitamos o Castelo dos Condes de Andrade, no Albergue de Albarella tratáronnos de marabilla e aprendimos moitas cousas sobre as vivendas sostibles, ademáis foron unhas estupendas guías polas Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro

  

16-17 ferrol fragas eume  (73)

2016-17 Excursión de 1º a Santiago

IMG_0003

2016-17 Excursión de 4º a Andalucía

16-17 excursion 4  (21)

2016-17 1º ESO. Excursión a Ximonde e Pazo de Santa Cruz

O martes 24 de outubro o alumnado de 1º ESO participou nunha excursión interdisciplinar organizada polos departamentos de Ciencias Naturais, Educación Física e Educación Plástica no área recreativa de Rebordelo nas inmediacións do coto salmoneiro de Ximonde 

Pola tarde achegámnos ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla

 

16 10 04 ximonde  (55) (Copiar)

2015-16 Roteiro polo val do Vea

O martes, día 29 de setembro, o alumnado e o profesorado que o curso pasado desenvolvemos o Proxecto Interdisciplinar realizamos un roteiro polo val do Vea. Visitamos o castro de Barbude, a igrexa de Santeles, as burgas de Teo, a igrexa de Requián e a área recreativa do Xirimbao.

Como se movía a ponte colgante e canto nos picaron os fentos do castro!

Agradecemos a todos os que colaboraron con nós e nos permitiron gozar dun día tan fermoso.

15-16 iglesia de requian  (10) (Copiar)

 

2014-15 Petroglifos de Campolameiro e castro de Castrolandín

O alumnado de 1º ESO visituo o martes 26 os petroglifos de Campolameiro e o castro de Castrolandim

 

2014-15 Petroglifos de Campolameiro e castro de Castrolandín

2014-15 Programa Xuventude Promete, Lugo

Varios rapaces do instituto, dentro do programa XUVENTUDE PROMETE, desprazáronse ata lugo 3 para realizar distintos obradoiros de Iniciativas Emprededoras
 

14-15 lugo 18

2013-14 Excursión de 4º a Barcelona

 Abril, 2014 . Excursión a Zaragoza, Barcelona, Port Aventura e Delta do Ebro