Grego

RESUMEN DA PROGRAMACIÓN DE GREGO 2018-2019

 

CULTURA CLÁSICA 3º ESO

 

UNIDADES DIDÁCTICAS

 

1 As nosas Linguas de orixe
2 O marco xeográfico de Grecia e Roma
3 O marco histórico de Grecia e Roma
4 Mitoloxía e relixión
5 A sociedade grega. Institucións políticas
6 A sociedade romana. Institucións políticas
7 A cidade no mundo antigo
8 As etapas da vida en Grecia e Roma. A educación
9 A vida cotiá. Costumes, indumentaria e calendario
10 Deporte e ocio no mundo antigo
11 A literatura. Xéneros literarios
12 A creación artística en Grecia e Roma

 

 Criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado:

No proceso de avaliación valorarase a participación do alumnado nas actividades da aula, tanto colectivas como individuais. Esta valoración completarase coa realización de probas escritas e/ou orais en cada avaliación que axuden ao alumno/a e profesora a comprobar dunha forma máis obxectiva se a asimilación dos contidos é a correcta e en cales é necesario insistir. Para aprobar unha avaliación é necesario que o alumno/a obteña polo menos unha media de cinco puntos nas probas escritas e/ou orais e non conte con puntuación negativa das actividades de aula.

A nota final será o resultado da nota media das avaliacións. A criterio do profesor haberá recuperacións ao longo do curso e/ou exame final de recuperación para aqueles alumnos/as que tivesen algún dos bloques suspensos. Para superar a materia deberase obter ao menos cinco puntos na nota global final.

 

GREGO 1º BACHARELATO

 

UNIDADES DIDÁCTICAS

 

1 A Lingua grega
2 O marco xeográfico de Grecia
3 Da época arcaica á Grecia clásica. Lingua. Léxico. Textos
4 Da Grecia clásica ao helenismo. Lingua. Léxico. Textos
5 Atenas e as clases sociais. Lingua. Léxico. Textos
6 Institucións políticas. A democracia ateniense. Lingua. Léxico. Textos
7 O exército. en Atenas e Esparta. Lingua. Léxico.Textos
8 A familia e a educación. O ocio. Lingua. Léxico.Textos
9 A relixión e a mitoloxía. Lingua. Léxico. Textos
10 A filosofía e a ciencia. Lingua. Léxico .Textos
11 A literatura grega: xéneros e autores. Lingua. Léxico. Textos
12 O arte grego: estética e creación. Lingua. Léxico .Textos

 

Criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado:

Dado o carácter da materia, o sistema de exame será de avaliación continua; ou sexa, en cada exame   de avaliación darase por suposto o coñecemento das avaliacións anteriores.
Os exames constarán das tres partes nas que se distribuíron os contidos ó longo do curso: gramática e textos, cultura, civilización e etimoloxía.
A parte de gramática consistirá na análise morfosintáctica e tradución de frases ou pequenos textos. A parte de cultura incluirá as lecturas obrigatorias e cuestións de historia, mitoloxía, literatura, etc, abordadas na aula. A parte de etimoloxía consistirá en sinalar étimos gregos en vocábulos galegos e casteláns.
As probas escritas puntuaranse sobre dez, sendo a parte de gramática e textos a de máis peso á hora de cualificar,cun 70% da nota global. Polo tanto a puntuación das diferentes partes da materia será a seguinte:
Gramática e textos: puntuarase co 70%
Cultura e civilización puntuarase co 15%
Etimoloxía puntuarase co 5%
A constancia no traballo diario e a participación na clase puntuarase co 10% sempre e cando se obteña un 4 na suma da nota das tres partes que conforman a materia.
Haberá máis dun exame por avaliación, pero non haberá exames específicos de recuperación; pois darase por recuperada unha avaliación si se recupera a seguinte. A alumna/o deberá facer un exame final de recuperación si:
Suspende a 3ª avaliación.
Se ten dúas avaliacións suspensas.
Se a cualificación global fose inferior a cinco puntos.
Este exame será semellante en contidos lingüísticos ao da 3ª avaliación, e incluirá os temas de cultura que a alumna/o teña suspensos.
Así mesmo, será imprescindible para aprobar a materia a lectura dunha comedia e traxedia grega e a realización dos traballos propostos na aula sobre elas.
De non cumprir estes requisitos en xuño, o alumno pasará aos exames extraordinarios de setembro, de características semellantes ao exame final.

GREGO 2º BACHARELATO

 


UNIDADES DIDÁCTICAS


1 Os xéneros literarios. Transmisión de la literatura grega. Lingua. Léxico. Textos.
2 A poesía épica grega: A Ilíada. Lingua. Léxico. Textos
3 A poesía épica grega: A Odisea. Lingua. Léxico. Textos
4 A poesía lírica en Grecia. Lingua. Léxico. Textos
5 O teatro en Grecia. As representacións teatrais. Os xéneros dramáticos. A traxedia: Esquilo.Lingua. Léxico. Textos.
6 A traxedia: Sófocles e Eurípides. Lingua. Léxico. Textos.
7 A comedia: Aristófanes. Lingua. Léxico. Textos.
8 A novela grega. Lingua. Léxico.Textos.
9 A historiografía. Lingua. Léxico.Textos.
10 A oratoria. Lingua. Léxico. Textos
11 A filosofía. Lingua. Léxico. Textos.
12 A prosa científica e técnica. Lingua. Léxico. Textos

Procedementos de avaliación, cualificación e promoción do alumnado:

Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avaliación; a última delas coincidirá coa avaliación final ordinaria. Nos primeiros días do mes de setembro realizarase unha proba extraordinaria e a correspondente sesión de avaliación para o alumnado que non superase a materia na avaliación final ordinaria.
Durante o proceso de aprendizaxe realizarase unha avaliación que determine o grao de consecución dos obxectivos de acordo cos criterios de avaliación establecidos nesta programación, tomando como referencia as competencias básicas e os obxectivos xerais de etapa
Os resultados indicarannos as modificacións que debemos facer para ampliar e profundar ou para recuperar ou para eliminar erros e problemas na aprendizaxe ou facer modificacións na planificación inicial da materia co fin de mellorar o rendemento do alumnado.
Debido ao carácter dinámico da aprendizaxe, a avaliación debe constituír un proceso flexible e valerse de diferentes instrumentos e procedementos. Así defendemos unha avaliación que, ademais dos contidos, reflicta o traballo e actitude do alumnado, valorando positivamente a asistencia puntual, a non interrupción do desenvolvemento da clase e o respecto polo traballo dos compañeiros e do profesorado, a participación activa e o interese, o coidado do material propio e da aula, o cumprimento das normas de convivencia, etc. Precisamente por ser unha materia na que os coñecementos son progresivos e acumulativos, debendo poñelos, unha vez adquiridos, sempre en xogo na práctica diaria, é fundamental a sistencia a clase. Por iso, establécese que, se as faltas sen xustificar debidamente acadan un 6% do total, non se poderá aplicar a avaliación continua e o  alumno ou alumna deberá facer un exame final con toda a materia. Ese exame constará dunha parte dos contidos de gramática e textos, outra dos contidos de Literatura grega e outra de léxico.
A superación dos temas de literatura e as lecturas non son suficientes para aprobar a materia, pois os contidos de lingua e a competencia na tradución dos autores elixidos son os que teñen o maior peso específico do curso.
O caracter de progresividade que ten esta materia na súa aprendizaxe fai que apliquemos o concepto de avaliación continua e polo tanto, se un alumno suspende a primeira avaliación quedara recuperada automaticamente se aproba a segunda e, se suspende tamén a segunda pero aproba a terceira con nota de 5, aprobará finalmente a materia, pero nunca con menos dun 5 na 3ª avaliación.

1. A parte lingüística e a tradución dos textos comporta un 70% da nota. A proba chamada relectio computará dentro desta porcentaxe e nunca será superior ao 10%, que se aplicará se a nota de tradución é un 3 ou maior.

2. A parte de literatura comporta un 15% da nota. Polo tanto, as probas sobre literatura grega e as lecturas, se o seu control alcanza polo menos un 5 de nota, suman un punto e medio, como máximo, á nota xeral de cada avaliación.

3. A parte do léxico e etimoloxía comporta o 5% da nota global. A apreciación obxectiva sobre os conceptos de PARTICIPACIÓN NA CLASE e a EVOLUCIÓN DA APRENDIZAXE do alumno comportará o 10% da nota, e dicir un punto, que se sumará aos outros dous compoñentes da nota.

Os puntos anteriores están supeditados aos seguintes supostos:

Se a media aritmética dos exercicios sobre lingua grega e tradución é superior á nota última obtida, adxudicarase ao alumnado a nota correspondente á media. O obxectivo que se pretende con isto é que quede constancia do traballo positivo que desenvolveu o alumnado ao longo do curso, dado que nos parece que a nota resultante do proceso global do mesmo reflicte mellor a capacidade do alumnado a finais do curso que a nota dun exame final que pode ser negativa, por circunstancias difíciles de determinar.

Se a media aritmética dos exercicios sobre lingua grega e tradución é inferior á nota última obtida, a mencionada nota media non se terá en conta, e adxudicarase ao alumnado a última obtida. O obxectivo que se pretende con isto non é outro que o de reflectir a real evolución do alumnado, de acordo co criterio de avaliación continua.

A nota dos contidos de literatura, do léxico e a nota da participación e evolución da aprendizaxe sumarase á nota dos contidos lingüísticos, unha vez calculado a porcentaxe que corresponde.

En concreto, respecto das cualificacións parciais dos trimestres e da cualificación final, seguiremos os seguintes criterios:

Aplicarase o mesmo criterio mencionado en 1) e 2) anterior, sempre que a última nota conseguida nun exercicio de lingua grega sexa 5 ó unha nota superior.

Se a última nota conseguida nun exercicio de lingua grega está entre 4’5 e 5 e a apreciación obxectiva sobre os conceptos de PARTICIPACIÓN NA CLASE e EVOLUCIÓN DA APRENDIZAXE é positiva, considerarase ao alumnado aprobado. Ben ao contrario, se a mencionada apreciación é negativa, considerarase ao alumno suspenso.

Se a última nota conseguida nun exercicio de lingua grega está entre 3 e 4'5 e a media aritmética de todas as cualificacións obtidas durante o curso dá un resultado entre 4'5 e 5, sendo a apreciación sobre os conceptos de PARTICIPACIÓN na CLASE e de EVOLUCIÓN DA APRENDIZAXE positiva, considerarase aprobado o alumnado. Se a media de todo o curso está entre o 4’5 e o 5, pero a mencionada apreciación é negativa, considerarase suspenso o alumno. Se a nota media referida é inferior a 4'5, en ningún caso poderase considerar aprobado o alumno.

Se a última nota conseguida nun exercicio de lingua grega é inferior a 3, non se poderá facer media coas notas obtidas nos exercicios de lingua no resto do curso e, en consecuencia, o alumno terá suspensa a materia.


 

 

 

Distribuir contido