You are hereOrientación
Orientación
Información sobre a ABAU para alumnado de 2º de bacharelato.
As probas ABAU terán lugar o Martes 7, o Mércores 8 e o Xoves 9 de Xuño. O alumnado deberá:
1. Solicitar o título de bacharelato e pagar as taxas correspondentes.
2. Pagar as taxas de matrícula da ABAU.
3. Matricularse nas probas ABAU.
Os alumnos e alumnas recibirán os documentos necesarios para facer estes trámites nunha charla explicativa de todo este proceso, así como da admisión nos graos e ciclos formativos.
Para máis información sobre o proceso de matrícula da ABAU pódese consultar este documento ou preguntar no departamento de orientaciión do IES.
Para a xestión do bus para as probas ABAU, cubrir o seguinte documento e entregar en secretaria antes do venres 20 de maio.
O club de ciencias traballa no invernadoiro do centro
O Club de ciencias do IES de Melide traballa no acondicionamento e utilización do invernadoiro que temos no instituto. O alumnado aprende á vez que colabora nas tarefas de limpeza, coidado e evolución das sementes plantadas.
O ALUMNADO DO IES PARTICIPA NAS XORNADAS DAS PROFESIÓNS
Durante esta semana, o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato do IES de Melide, participou nas Xornadas de orientación profesional, asistindo ás distintas charlas que se propuxeron segundo o interese mostrado previamente polo alumnado. Os 14 relatores convidados tiveron ocasión de explicar a súa formación, o proceso de acceso e os pormenores do día a día das súas ocupacións profesionais, respondendo ás dúbidas que o alumnado lles plantexou e animando aos participantes. Agradecemos a colaboración aos profesionais que participaron desinteresadamente nestas Xornadas.
ESCOLAS SEN VIOLENCIA
ESCOLAS SEN VIOLENCIA é un proxecto que nace da Fundación Educativa e Social Dignidade. Busca erradicar as condutas violentas no ámbito educativo e promocionar o bo trato nas aulas e fóra delas.
Nesta ocasión, visitaron o Ies de Melide para traballar co alumnado de 1º de ESO temas como a xestión emocional, empatía, a non violencia e a resolución de conflitos.
Ecovisita á Casa Grande de Xanceda
O alumnado de 4º de ESO das materias Iniciación á actividade emprendedora e empresarial e de Ciencias aplicadas á actividade profesional, visitaron a Granxa Ecolóxica Casa Grande de Xanceda para coñecer o seu sistema de produción e os seus produtos elaborados sin aditivos, pesticidas nin abonos químicos. Foi un ECOVISITA moi interesante!!
STOP ACCIDENTES, asociación de axuda e orientación a afectados por accidentes de tráfico.
Stop Accidentes traballou co alumnado de 2º de Fp básica, así como co de 3º e 4º de ESO, na sensibilización sobre o uso dos vehículos, a velocidade e o consumo de sustancias.
Nesta primeira sesión coñecimos testemuñas dalgunha persoa afectada por accidentes e as consecuencias que malas decisións poden ter na nosa vida.
XARUMA, entidade que traballa para a promoción da saúde mental, visita o Ies de Melide
A saúde mental é unha parte fundamental do desenvolvemento do noso alumnado, por iso consideramos necesario formar e sensibilizar sobre a súa importancia. Nesta ocasión, a asociación Xaruma participou nunha xornada de concienciación co alumnado de 1º de bacharelato.
A través dunha dinámica cun taboleiro e diferentes cuestións que o alumnado tivo que resolver, falamos da depresión, da ansiedade, da axuda psicolóxica ou da importancia do apoio social.
A asociación Xaruma é unha entidade sen ánimo de lucro que fomentar e promociona a saúde emocional e mental para persoas con trastornos mentais e as súas familias
PRIMAVERA XOVE
Trasladamos a información que nos chegou sobre o programa Primavera Xove proposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é o de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables de ocio á mocidade para o seu tempo libre e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas.
Resolución das SOLICITUDES ADMITIDAS para as PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO
Para consultar as solicitudes admitidas para as probas de acceso a ciclo medio podemos acceder ao seguinte documento . Nel aparecen instruccións para obter o código persoal de consulta (CPC) que nos permitirá comprobar se a nosa inscripción foi admitida.
O prazo de reclamación é do 24 ao 30 de marzo.
Prazo para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023
Coa publicación do Real Decreto 154/2022, adiántanse os prazos para solicitar as BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDIO para o curso 2022-2023.
Tradicionalmente, esta convocatoria publicábase no mes de agosto. Nesta ocasión, e para axilizar os trámites, hai un cambio no prazo de solicitude , pasando a ser do 30 de marzo ao 14 de maio.
Dende a páxina web do centro informaremos do procedemento unha vez aberto o prazo de inscrición.
Para máis información pódese consutar a seguinte dirección.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »