You are hereMúsica
Música
Obradoiro Danza e Expresión Corporal
Este luns 13 de novembro tivemos con nos á bailarina Lola Corzo para achegarnos ao mundo da danza clásica.
O alumnado de Artes escénicas poido experimentar e darse conta da importancia do movemento dentro da escena, así como da complexidade que leva consigo o control do corpo e a dura disciplina de entrenamento que require.
A danza é unha das expresións culturais máis descoñecidas pero que está chea de beneficios, non só para a saúde, senón tamén para a expresión, para a adquisicións de hábitos de traballo, disciplina de estudo e entrenamento, autocontrol, é un largo etcétera
ASISTENCIA AO FESTIVAL DE CINE OUFF ESCOLA
O día 24 de outubro os alumnos de Artes Escénicas do curso 2016-2017 asistiron como finalistas á gala dos VIII OUFF ESCOLA (certame escolar de curtas enmarcado dentro do Festival de Cine de Ourense). Alí compartiron espazo con alumnos doutros colexios e institutos de Galicia e pasaron uns momentos moi emocionantes á espera do fallo do xurado. A sorte non quixo estar do seu lado… aínda que presentaron uns traballos moi creativos e ben elaborados.
Colherinhas, adaptación do texto de Séchu Sende “13 colherinhas numa caixinha negra”, do libro “A república das palavras”. Realizado por Laura, Alba, Alberto, Javier, Ainhoa, Marta, Nuria, Sandra e Helena, un grupo dinámico, creativo, enérxico e ...irrepetible.
Colherinhas from Belen on Vimeo.
ASISTENCIA Ó FESTIVAL "GALICREQUES"
O alumnado inscrito no club de lectura PAPALIBROS e o alumnado que cursa a materia de artes escénicas, achegouse a Santiago de Compostela o pasado 20 de outubro para ver Macbeth, ya somos el olvido que seremos, a cargo da compañía Alauda Teatro. Máis información nesta ligazón.
Concerto o 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide.
O Alumnado de Música de 1º de Bacharelato como traballo de fin de curso avaliable na súa materia organiza un concerto o próximo día 5 de xuño no Auditorio da Casa da Cultura de Melide. O concerto está organizado polo Consorcio para a Promoción Musical do IES de Melide, que é un grupo de traballo creado dentro da aula co obxectivo de realizar proxectos de programación e organización de eventos culturais. Son os mesmos alumnos e alumnas os que compoñen, ademais, o grupo de percusión que intrepreta todas as pezas do concerto, baixo o nome de @REcortados. Colabora con eles ademais o Grupo de Teatro Teiroa.