You are hereActividades / Complementarias
Complementarias
VIVA O TEATRO! - GRUPO TEIROA
Con motivo da celebración do “Día Mundial do Teatro”, TEIROA, o grupo de teatro do IES de MELIDE, dirixido por Marga Quintela e Carmen Nieto, organizou no pasado mes de abril a semana do teatro na que puidemos comprobar as excelentes competencias artísticas do noso alumnado.
Con TEMPUS FUGIT alumnos e alumnas de 1º de ESO quixeron compartir as súa historias con nos, historias de outra época coas que se entende o seu presente.
O alumnado de 2º ESO-C presentounos unha historia diferente da CINCENTA, coa que debemos a aprender a ter personalidade para nos caer nas fauces do lobo.
Os mais veteranos, os de BAC, representáronnos dous lances de teatro: A MIÑA APOLOXÍA de Woody Allen e AQUÍ NON PAGA NINGUÉN¡ de Darío Fo.
“O mesmo é a nosa vida ca unha comedia; non se atende a se é longa, senón a se está ben representada. Conclúea onde queiras, con tal de que poñas un bo final.” Séneca
VIVA O TEATRO!...
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe venres-7 de maio conmemoramos no noso IES o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.
EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE MELIDE TIVEMOS SESIÓNS DE CONTATOCONTOS PARA O ALUMNADO DA ESO
Teresa Grau López abordou en cada historia aspectos coeducativos esenciais para que o noso alumnado faga una profunda reflexión sobre como debe ser una convivencia en igualdade.
O FESTIVAL DO ENTROIDO EN 13 MINUTOS
Resumo do acontecido o día 27 de febreiro no noso IES.
DI K NON
O pasado martes-14 de xaneiro tivo lugar no noso IES o III OBRADOIRO para a prevención de consumo de droga en adolescentes, DI K NON , que á Unidade Terapéutica Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro en colaboración coa Fundación Barrié, está a desenvolver durante este curso en varios centros de Galicia.
Varios profesores da UT e ós propios internos do centro de Teixeiro en base s súas experiencias e testemuñas deron a coñecer a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, en procura dun aprendizaxe que nos axude a aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc.
O alumnado que asistiu ó acto foi o de 4º da ESO, o que cursa Antropoloxía en 1º BAC e o matriculado en Ética e Filosofía do Dereito en 2º de BAC.
O próximo martes-21 terá lugar segunda parte do obradoiro que se celebrará nas instalación do propio centro penitenciario.
ISTO NO IES VIDA
ENTRADA DE CINE
Con motivo da celebración do Samaín e do tema elixido polo equipo de Bibliomelide para enfocar as actividades deste curso,"Un ano de película", os corredores do IES de MELIDE transformáronse en estudos cinematográficos...
O alumnado de 2º de ESO quixo sorprender ós seus compañeiros de pupitre coa interpretación de cinco esceas de cine: A nena do Exorcista, The Ring, O Corredor da Morte, Cazapantasmas e The Gosths.
ISTO NO IES VIDA - SAMAÍN 2013
ENTRADA DE CINE Con motivo da celebración do Samaín e do tema elixido polo equipo de Bibliomelide para enfocar as actividades deste curso,"Un ano de película", os corredores do IES de MELIDE transformáronse en estudos cinematográficos... O alumnado de 2º de ESO quixo sorprender ós seus compañeiros de pupitre coa interpretación de cinco esceas de cine: A nena do Exorcista, The Ring, O Corredor da Morte, Cazapantasmas e The Gosths.
ENTRADA DE CINE - Samaín 2013
No IES de melide o Samaín comeza este venres-25.
II CONCURSO E EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA
Con motivo da celebración do DIA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO -5 de novembro-, o IES de MELIDE presenta un concurso e exposición de fotografía científica.
Se formas parte do alumnado do IES de MELIDE e che gusta facer fotografía, se es unha persoa observadora e sempre te estás a fixar na realidade que te rodea, anímate e participa.
Desexamos retratar a ciencia que cohabita connosco, que nos fai posibles. E queremos amosar os resultados da vosa observación nunha exposición conxunta no noso instituto.
Cada fotografía acompañarase dun pequeno texto explicativo de entre 300 e 600 caracteres, escrito en lingua galega.
Preme aquí para visualizar as bases.