You are herecontent / CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE TRABALLO DESTES DÍAS
CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE TRABALLO DESTES DÍAS
Estimadas familias:
Vistos os últimos acontecementos estamos preparándonos por un posible aumento de días de suspensión da actividade docente presencial, isto nos vai a levar un días polo que vos solicitamos paciencia e colaboración. Esta fin de semana, como puidestes observar, a páxina web do centro e a aula virtual estiveron en mantemento, polo que o que tiñamos pensado adiantar durante a fin de semana para que estivera case todo listo, terémolo que facer ao longo destes días.
Pasamos a darvos algunhas indicacións sobre como funcionaremos. Son moitas as instrucións que van, por favor, lede todo moi atentamente (e varias veces se fai falta) e logo, se precisades aclaracións chamade ó centro, pero procurade non colapsarnos con pequenas cuestións:
- A comunicación do profesorado co alumnado: será principalmente a través da aula virtual, correo electrónico, páxina web e abalar móbil. Xúntase listado detallado por cursos e materias onde se indica a forma que vai empregar o profesorado para comunicarse con vós e enviarvos tarefas.
- A maioría dos cursos e inicialmente estes días son accesibles como convidado, polo que non precisades nome de usuario e contrasinal, premedes no curso e na ventá que aparece marcamos entrar como convidado.
- O material irase engadindo pouco a pouco, entre hoxe e mañán estarán todos os cursos creados.
- Mentras non está habilitada a aula virtual: para traballar ao longo desta semana:
- Lede detidamente a guía elaborada polo departamento de orientación para organizarvos da mellor forma posible estes días.
- Repasade e estudade toda a materia do trimestre, pois as probas de avaliación do 2º trimestre non feitas, serán realizadas nada máis regresemos seguindo un calendario que publicaremos mércores día 18 de marzo.
- Realizade as tarefas que o profesorado vos vai indicando na páxina web do centro (apartado departamentos no departamento correspondente, correo electrónico ou aula virtual).
- Enviaremos instrucións sobre o manexo da aula virtual para todo aquel alumnado e familias que nunca a manexaron:
-
Se alguén precisa de asesoramento ou non é capaz de entrar na aula virtual, poderá chamar ó centro (881866109-722567520 en horario de 10h a 13h), trataremos de resolver todas as dúbidas.
-
Alumnado que sabe manexar a aula virtual podería axudar a resolver dúbidas ós compañeiros
-
Para alumnado que non ten medios telemáticos para seguir as clases, poñerémonos en contacto coas autoridades para confirmar que vos podedes achegar ó centro a recoller as copias do traballo aportado polo profesorado.
-
Mantemos para hoxe a avaliación de 2º bac, mañán día 17 de marzo á partir das 12 h faremos visibles as notas dende a aplicación ABALAR MÓBIL, aquel alumanado maior de idade que non ten acceso a abalar móbil poñerémonos en contacto con vós.
Esperamos que esteades todos ben, irémosvos informando pouco a pouco trataremos de ir aclarando as dúbidas que poidan xurdir.
Graciñas pola vosa colaboración e coidádevos moito
O Equipo Directivo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CircularFamilias_luns16.pdf | 158.09 KB |
MATERIAL_PROFESORADO.pdf | 70.78 KB |