You are herecontent / PREMIADO O PROXECTO DO IES DE MELIDE "EU PRESUMO DE GALEGO" (Premios Mil Primaveras)

PREMIADO O PROXECTO DO IES DE MELIDE "EU PRESUMO DE GALEGO" (Premios Mil Primaveras)


O xurado premiou o proxecto Eu presumo de galego (IES de Melide) na categoría de fomento do galego na infancia e/ou mocidade, por ofrecer un modelo de traballo de calidade para a detección de necesidades concretas en contextos galegofalantes, onde a reflexión sociolingüística e a promoción do galego entre a mocidade se insiren nun proxecto educativo transversal. Valorouse positivamente a súa flexibilidade e eficiencia, que o converten en modelo transferible tanto a contextos educativos galegofalantes como a castelanfalantes.

A partir dunha actividade concreta como un concerto, o IES de Melide creou un proxecto transversal que inclúe accións relacionadas coas matemáticas, a tecnoloxía, o traballo coa madeira, a radio ou a edición de vídeo. O proxecto impulsa coñecementos que garanten unha plena competencia comunicativa en lingua galega e favorece a reflexión sociolingüística nun contexto galegofalante. As actividades desenvólvense durante todo o curso e implican a toda a comunicade educativa e a entidades, asociacións e empresas locais.

Parabens para o Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES de Melide e o profesorado implicado.

Enlace a Premios Mil Primaveras

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido