You are herecontent / MONTAXE DAS CÚPULAS LEONARDO
MONTAXE DAS CÚPULAS LEONARDO
O alumnado de 1º ESO e 2º ESO estivo montando as que son coñecidas coma cúpulas de Leonardo, pois xa nos escritos de Leonardo da Vinci hai estes debuxos. Hoxe 500 anos despois estes esquemas aínda nos invitan a levantar estas interesantes cúpulas. Once estructuras con a mesma peza e sen elementos de unión entre elas, o peso da estrutura é suficiente para manter a estabilidade.
Os obxetivos da actividade:
- Coñecer as estructuras do "Codex Atlanticus"
- Potenciar a creatividade e a habilidade
- Importancia do traballo en equipo
- Descubrir as ideas para pasar dunha estrutura plana a unha curva
- Mostrar unha aplicación na vida real das matemáticas.
Etiquetas