You are herecontent / 1º e 2º PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES DE MELIDE EN CLASES SEN FUME (59 centros participantes)

1º e 2º PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES DE MELIDE EN CLASES SEN FUME (59 centros participantes)


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2016-2017 participaron un total de 3.331 escolares de 152 aulas, procedentes de 59 centros diferentes de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio. 

O bo facer do alumnado do IES de Melide foi recompensado co 1º premio (aula de 1º ESO B) e 2º premio (aula de 1º ESO C)  do concurso, e o labor profesional do profesorado foi recoñecido con varios premios de innovación educativa.

A alumna Noa Varela Pardo (representante do alumnado participante) e a profesora Amelia Ándrés Casal (representante do profesorado implicado) pecharon o acto xunto ó Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña.

Noa quixo transmitir a seguinte mensaxe:

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que entenden que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante.  

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se implican nas actividades de educación emocional e social e que reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais,  poñendo en valor o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física. 

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se moven, que queren saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrano con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades. 

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que actúan con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que participan en “Clases sen Fume” para seguir avanzando no seu proxecto de vida saudable.

Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que os meus compañeiros e compañeiras de clase.

ACTIVIDADE CREATIVA 1º PREMIO (1º ESO B)

ACTIVIDADE CREATIVA 2º PREMIO (1º ESO C)

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido