You are herecontent / 8 DE MARZO - DÍA DAS MULLERES
8 DE MARZO - DÍA DAS MULLERES
Alumnado do grupo de teatro TEIROA do IES de Melide fixeron diversas intervencións de micro-teatro, adaptación libre do texto de Fiadeiras: Machismos de micro nada. Estarán no noso centro o 13 de marzo nun pequeno faladoiro co noso alumnado.
Por outra banda e aproveitando a conmemoración día Internacional da Muller, o Concello de Melide fixo entrega, na sá de plenos do Concello, dos premios do concurso de Graffitis, no que participou o noso alumnado no pasado mes de novembro.
Toni Blanco Ameijeiras e Álex Martínez Valiño obtiveron o primeiro premio:
No segundo posto: Marta Mosquera Taboada, Zaida Garea García e Ainara Asorey Prado. E no terceiro posto Lucía Carreira García.
Noraboa ós gañadores.