You are herecontent / VISITA DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DE ARZÚA
VISITA DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DE ARZÚA
No día de hoxe, 18 de xaneiro, o alumnado de Formación Profesional do IES de Melide participou nun obradoiro que tiña como obxectivo formarse para saber reaccionar e dar unha resposta rápida a posibles incendios que poidan suceder no desempeño da súa profesión.
Tras unha charla introdutoria impartida por Bruno García, sarxento xefe do Parque Comarcal de Bombeiros de Arzúa, baseada en como se orixina e se apaga un incendio ofrecendo recomendacións para situación cotiás, e explicando o tipo de diferentes lumes co que se poden chegar a atopar, o alumnado supervisado por catro bombeiros do mesmo parque realizou no patio do centro unha práctica de extinción dun incendio.