You are herecontent / REMATOU O VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO, COORGANIZADO POLO IES DE MELIDE
REMATOU O VI CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO, COORGANIZADO POLO IES DE MELIDE
O VI Curso de formación sobre o patrimonio lúdico, centrado na relación do xogo tradicional coa literatura oral e coa música, celebrouse a fin de semana do 13 e 14 de novembro en Santiago.
Nel participaron medio cento de educadores e educadoras procedentes de toda Galicia, que desenvolveron un total de cinco sesións prácticas de aprendizaxe de xogos e de análise de estratexias para integrar o patrimonio lúdico no currículo. No programa do Curso houbo tempo tamén para a reflexión teórica, suxerida polo investigador portugués João Amado, e polos galegos Antón Cortizas e César Camoira, filólogo melidao este último.
O Curso forma parte dos proxectos de colaboración permanentes existentes entre o IES de Melide e a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, entidade promotora do mesmo. A Biblioteca do centro, por exemplo, conta no seu catálogo cos fondos documentais e bibliográficos da AGXPT.