You are hereBlogues / blogue de admin / AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2º ESO

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2º ESO


By admin - Posted on 08 Abril 2024

MÉRCORES 10 e XOVES 11

de 08:40 a 12:35

 O próximo mércores 10 e xoves 11 terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico de 2º de ESO.

Que é a avaliación de diagnóstico?

É un procedemento de avaliación do sistema educativo que valora o nivel de todo o alumnado galego de 2º de ESO e 4º de primaria nas diferentes competencias e sirve para establecer propostas de mellora para o centro educativo

Cales e como son as probas?

No curso 2023-24 avalianse as competencias Matemática e Lingüísitica. Polo tanto todo o alumnado galego realizará na mesma data as mesmas probas. Proba matemática, Proba de Lingua Galega, Proba de Lingua Castelá e Proba de Lingua Inglesa.

Podes ver algún exemplo de proba premendo nos seguintes enlaces.

Lingua castelá Lingua Inglesa
Lingua galega Matemáticas

Cando se realizan as probas?

Cada día o alumnado realizará dúas probas para as que disporá de ata 70 minutos. Polo tanto o horario do alumnado verase modificado entre a 1ª e a 4ª hora e a partir da 5ªh terán clase normal.

 

Polo tanto o horario verase modificado durante o mércores e o xoves.

Que pasa cos resultados?

As probas son anónimas pero o alumnado será identificado cun código numérico. Todas as probas serán corrixidas no centro e unha selección serán sometidas a unha segunda corrección externa. 

Os resultados serán globais e serán comunidados ás familias, de maneira que teremos coñecemento do nivel medio do centro en cada unha das competencias. Os resultados individuais non poderán ser feitos públicos e non terán efectos académicos para o alumnado.

E que temos que facer as familias?

Para completar a avaliación ás familias solicitaráselles que cubran un cuestionario que se facilitará no seu momento unha vez realizadas as probas. 

Queres saber máis?

Se aínda tés dúbidas podes premer no seguinte enlace.

E se queres acceder a toda a información legal e ormativa sobre as probas pincha aquí.

 

AdxuntoTamaño
Avaliación diagnóstico preguntas frecuentes.pdf931.69 KB

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido