You are herecontent / ENTREGA DE NOTAS E DATAS MATRÍCULA
ENTREGA DE NOTAS E DATAS MATRÍCULA
A entrega de notas da avaliación final da ESO e as extraordinarias de 1º e 2º BAC será o día 23 de xuño ás 11:00h, na súa aula de referencia.
A entrega de notas para o alumnado de FP-básica e Ciclo Medio de madeira será o día 23 de xuño ás 13:00h.
O alumnado levará, xunto coas notas, o sobre de matrícula do curso que lle corresponda.
As datas para formalizar a matrícula do curso 23/24 en ESO e BAC, son as seguintes:
- 26 XUÑO: alumnado que se matricule en 1º ESO e 2º ESO.
- 27 XUÑO: alumnado que se matricula en 3º ESO.
- 28 XUÑO: alumnado que se matricula en 4º ESO
- 30 XUÑO: alumnado que se matricula en 1º e 2º BAC
As datas para realizar a solicitude en FP é do 23 de xuño ao 5 de xullo.
Aquelas familias que teñan que realizar a matrícula de 2 ou máis fillos poden formalizalas o mesmo día, pero agradeceríamos se presentasen o primeiro día que estén convocados.
En caso de non poder acudir a matricularse na data sinalada, poderán realizar a matrícula do 3 ao 5 de xullo.