You are hereBlogues / blogue de grego / O IES DE MELIDE SEGUNDO CAMPIÓN DE GALICIA NO CONCURSO ODISEA

O IES DE MELIDE SEGUNDO CAMPIÓN DE GALICIA NO CONCURSO ODISEA


By grego - Posted on 15 Febreiro 2022

Fieles ao Concurso Odisea dende a súa creación, as alumnas e alumnos do IES de Melide non faltaron a convocaoria deste ano.

Nesta ocasión o tema era a Arte nas antigas Grecia e Roma, un tema precioso, pero amplísimo. Adestramos duramente con este material, elaborado polos departamentos de latín e grego e practicamos facendo un montón de preguntas na aula virtual.

Pasamos unha semana moi emocionante e nada menos que catro equipos de Melide conseguiron a puntuación máxima, 73 puntos. O equipo que empregou menos tempo o día do preguntón, o equipo Apeles de 1º B de BAC, pasou ao desempate autonómico.

O pasado mércores 9, o equipo APELES, formado por Belén Agra Parrado, Brais Lugrís e Diego Pintor Barallobre, conseguiu clasificarse como 2º campeón de Galicia, na fase desempate local. Este equipo, que tomou o seu nome do famoso artista grego, pintor persoal de Alexandre Magno, recollerá o seu premio o vindeiro martes 8 de marzo durante o Festival de Teatro de Lugo.

Bravísimo por Belén, Brais e Diego e por todas e todos os participantes. Pasámolo estupendamente e aprendimos un montón, e iso é o mellor premio.

AdxuntoTamaño
2022_apeles.jpg87.14 KB
Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido