You are herecontent / ANÁLISE DAS BOLSAS COLOCADAS NO RÍO MARTAGONA

ANÁLISE DAS BOLSAS COLOCADAS NO RÍO MARTAGONA


Cada martes do mes de maio, recollemos un set de bolsas do punto no que se situaron no río Martagona para analizar o seu contido. Unha vez no laboratorio de ciencias do IES de Melide o alumnado de 1º de BAC, durante os recreos, abriu as bolsas para limpar as follas e depositalas en bandexas numeradas coa finalidade de determinar a variación da masa de folla de amieiro introducida nelas. O análise desta variación permitirá calcular unha velocidade de descomposición que é indicativa da calidade da auga do río na que foron depositadas.

Á súa vez, tamén se fixo unha inspección dos macroinvertebrados atopados no interior das bolsas, pois estes son bioindicadores que permiten determinar cualitativamente a calidade da auga. Entre eles atopamos tricópteros, efemerópteros, plecópteros, dípteros...e incluso unha planaria. Estes biodindicadores reforzan a conclusión á que se chegou na primeira saída ó río: unha boa calidade da auga do mesmo!

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido