You are herecontent / SEMANA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. IES MELIDE. CURSO 2020-2021

SEMANA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL. IES MELIDE. CURSO 2020-2021


Durante a semana do 26 ao 30 de Abril terá lugar no IES de Melide a Semana de Orientación Académica e Profesional dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato. 

O seu obxectivo é asesorar sobre a elección de itinerarios e estudos de cara o vindeiro curso, así como cubrir por parte do alumnado unha prematrícula, que se deberán entregar na Secretaría do Centro ata o 5 de maio (incluído). 

Serán realizadas pola xefa de estudos e a orientadora do IES de Melide. 

Achegamos o calendario das sesións. 

Tamén achegamos Guías das Materias Troncais e Optativas por cursos, para que o alumnado e as familias poidades consultar información sobre cada unha das materias ofertadas no IES de Melide para o curso 2020-2021. 

Materias Troncais e Optativas 4º ESO 

Materias Troncais e Optativas 1º Bacharelato Materias Troncais e Optativas 2º Bacharelato
AdxuntoTamaño
Hº Semana Orientación .pdf49.76 KB

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido