You are hereBlogues / blogue de madeira / O CICLO DE MADEIRA DO IES MELIDE CREA UN GLOSARIO VISUAL EN LINGUA DE SIGNOS SOBRE O MUNDO DA MADEIRA
O CICLO DE MADEIRA DO IES MELIDE CREA UN GLOSARIO VISUAL EN LINGUA DE SIGNOS SOBRE O MUNDO DA MADEIRA
O catálogo de 200 termos do mundo da carpintería en galego, castelán e na lingua de signos, vén de ser reseñado na prensa, poñendo de relevancia a importancia desta iniciativa pioneira no mundo educativo e profesional, de grande utilidade e proxección. Unha importante contribución do centro ao desenvolvemento dun ciclo profesional que cada vez ten máis demanda. Fan falta moitos carpinteiros... e carpinteiras.