Skip to Content

Benvida a web do IES de MEAÑO

         

 

    Contacto 

Dirección: Rúa dos Colexios, nº 14  Coiron-Dena  36967 Pontevedra

Teléfonos: 886151367   Fax: 886 151 368

e-mail: ies.meanho@edu.xunta.es

Bloghttps://www.elorienta.com/meano/

Eleccións ao Consello Escolar 2024

Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do IES de Meaño. Animamos a comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao consello escolar para deste xeito participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

Colocaremos no taboleiro do centro toda a información referente ao proceso, e a que non estea suxeita a protección de datos tamén a colocaremos aquí:

Licitación cafetería do centro

 Con data de  28/10/2024 publicouse no PERFIL DO CONTRATANTE DA  PLATAFORMA DE CONTRATOS DE GALICIA (www.contratosdegalicia.gal  licitación para a “Contratación da concesión dos servizos da cafetería do IES de Meaño, durante os cursos 2024/2025 e 2025/2026 mediante  procedemento aberto e tramitación ordinaria”.


 No perfil do contratante atópase toda a información e a  documentación para poder presentarse á licitación a través  do SILEX (http://www.conselleriadefacenda.es/silex).

 O prazo para a presentación de ofertas remata o 26/11/2024 áS 14:00 H.

 O contrato será para os cursos académicos 2024/2025 e 2025/2026, coa 
posibilidade de prórroga por outros 2 cursos académicos máis.


 Para calquera dúbida sobre os mesmos, poden poñerse en contacto co  Servizo de Programación e Contratación ou co Servizo de Apoio aos  Servizos complementarios nos seguintes teléfonos: 986805906,  986805905, 886206619, 986805951, ou no correo  electrónico: 

contratacion.pontevedra@edu.xunta.gal

 

Un saúdo

A dirección

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR : RECOLLIDA CHEQUES CURSO 2024/25

Estimadas familias, xa están dispoñibles os cheques para a adquisición de  material escolar para o vindeiro curso académico. 

Poden consultar a listaxe de admitidos e excluídos na web de "fondolibros" (necesaria a chave 365 ou certificado dixital), ou no taboleiro do centro.

Teñen 10 días hábiles para reclamar (ata o 24 de Xullo).

 

Poden pasar a recoller os cheques no centro en horario de 9:00 a 14:00h.

Debe recoller o cheque o titular do mesmo (pai/nai/titor legal da alumna/o) e presentar o DNI, en caso de total imposibilidade de acudir pode autorizar a alguén mediante impreso, que pode descargarse na web do centro ou solicitalo o propio alumnado na secretaria do centro.

 

Toda á información na web 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action

 

Un saúdo

A Dirección

 

 

 

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 23_24. DATAS DE MATRÍCULA CURSO 24_25

"Instruccións Fin de curso curso 23_24"

 

DATAS DE MATRÍCULA curso 24_25: 

SOLICITAMOS O CUMPRIMENTO DAS QUENDAS QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN

Aquelas familias que teñan máis dun fillo no centro, poderán matriculalos o mesmo día ainda que sexan para niveis diferentes.

CURSO

DATA

FRANXA HORARIA

1º ESO

MARTES 25 DE XUÑO

9 h a 14:15 h

2º ESO

MÉRCORES 26 DE XUÑO

9 h  a 14:15 h

3º ESO

XOVES 27 DE XUÑO

9h a 14:15 h

4º ESO

VENRES 28 DE XUÑO

9h a 14:15 h

 

Un saúdo

A Dirección.

25 ANIVERSARIO DO IES DE MEAÑO

 

 

Este ano o IES de Meaño cumpre 25 anos de existencia, 25 anos traballando xuntos (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente, etc) para formar en coñecementos, habilidades e valores aos rapaces e rapazas de Meaño.

Para celebralo estamos a organizar unha festa a que está convidada toda a comunidade do concello de Meaño, así como antigo profesorado, antigo alumnado e autoridades.

O festival, “AchanKa fest”, terá lugar o vindeiro venres 21 de xuño no IES de Meaño a partires deas 17h.

Neste festival entregaranse os premiosCreando Futuro”, uns premios que pretenden recoñecer a antigo alumnado do noso centro que contribúe dalgún xeito a crear unha sociedade cun futuro mellor.

Estades todas/os convidados, o acceso é libre, podedes acudir coas vosas familias.

Agradámosvos!!!

Estade atentas/os ás nosas redes sociaisi!!

Un saúdo 

A Dirección

                                                   
  

                            

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/25

 

RESERVA DE PRAZA. Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

  • Só para alumnado dos centros adscritos:

        • CEIP de Coirón-Dena
        • CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas

 

 

 

 


 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (Mércores, 7 de febreiro, ás 13:00 h.) 

  


 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN. Do 1 ao 20 de Marzo.

 

 


 

 XORNADA DE ACOLLIDA:

Para o alumnado que se incorporará ao centro no vindeiro curso escolar. (Xoves 30 de Maio, ás 9:45 horas).

 


MATRÍCULA:Todo o alumnado ten que formalizar a matrícula.( 23 de xuño ao 7 de xullo).

Rógase acudir no horario establecido a continuación, para unha mellor organización do centro: (de 9:00h a 14:15h).

    • 1º ESO - Martes 25 de Xuño

    • 2º ESO - Mércores 26 de Xuño

    • 3º ESO - Xoves 27 de Xuño

    • 4º ESO - Venres 28 de xuño

 


Normativa sobre o proceso de admisión

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

Xornada CDA

No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade)  para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

Este ano, a actividade consistiu na limpeza dos roteiros entre os Pasales e a praia da Lanzada, unha ruta de arredor de 8km a pé, fomentando así a actividade fisica entre o alumnado. Na actividade participou todo o alumnado do noso IES.

Recollemos moito refugallo, axudando asi a manter a contorna limpa.

 

Agradecemos a axuda dos servizos de bombeiros e polícia local dos concellos de Meaño e Sanxenxo pola súa axuda na realización desta actividade.



No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

Consistiu na limpeza dos roteiros entre os Pasales e a praia da Lanzada, arredor de 8km a pé.Recollemos moito refugallo, axudando asi a manter a contorna limpa.

 

Agradecemos a axuda dos servizos de bombeiros e polícia local dos concellos de Meaño e Sanxenxo pola súa axuda na realización desta actividade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut