Skip to Content

25 ANIVERSARIO DO IES DE MEAÑO

 

 

Este ano o IES de Meaño cumpre 25 anos de existencia, 25 anos traballando xuntos (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente, etc) para formar en coñecementos, habilidades e valores aos rapaces e rapazas de Meaño.

Para celebralo estamos a organizar unha festa a que está convidada toda a comunidade do concello de Meaño, así como antigo profesorado, antigo alumnado e autoridades.

O festival, “AchanKa fest”, terá lugar o vindeiro venres 21 de xuño no IES de Meaño a partires deas 17h.

Neste festival entregaranse os premiosCreando Futuro”, uns premios que pretenden recoñecer a antigo alumnado do noso centro que contribúe dalgún xeito a crear unha sociedade cun futuro mellor.

Estades todas/os convidados, o acceso é libre, podedes acudir coas vosas familias.

Agradámosvos!!!

Estade atentas/os ás nosas redes sociaisi!!

Un saúdo 

A Dirección

                                                   
  

                            

 

 

 



page | by Dr. Radut