Skip to Content

Taboleiro de novas

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR : RECOLLIDA CHEQUES CURSO 2024/25

Estimadas familias, xa están dispoñibles os cheques para a adquisición de  material escolar para o vindeiro curso académico. 

Poden consultar a listaxe de admitidos e excluídos na web de "fondolibros" (necesaria a chave 365 ou certificado dixital), ou no taboleiro do centro.

Teñen 10 días hábiles para reclamar (ata o 24 de Xullo).

 

Poden pasar a recoller os cheques no centro en horario de 9:00 a 14:00h.

Debe recoller o cheque o titular do mesmo (pai/nai/titor legal da alumna/o) e presentar o DNI, en caso de total imposibilidade de acudir pode autorizar a alguén mediante impreso, que pode descargarse na web do centro ou solicitalo o propio alumnado na secretaria do centro.

 

Toda á información na web 

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action

 

Un saúdo

A Dirección

 

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 23_24. DATAS DE MATRÍCULA CURSO 24_25

"Instruccións Fin de curso curso 23_24"

 

DATAS DE MATRÍCULA curso 24_25: 

SOLICITAMOS O CUMPRIMENTO DAS QUENDAS QUE SE DETALLAN A CONTINUACIÓN

Aquelas familias que teñan máis dun fillo no centro, poderán matriculalos o mesmo día ainda que sexan para niveis diferentes.

CURSO

DATA

FRANXA HORARIA

1º ESO

MARTES 25 DE XUÑO

9 h a 14:15 h

2º ESO

MÉRCORES 26 DE XUÑO

9 h  a 14:15 h

3º ESO

XOVES 27 DE XUÑO

9h a 14:15 h

4º ESO

VENRES 28 DE XUÑO

9h a 14:15 h

 

Un saúdo

A Dirección.

25 ANIVERSARIO DO IES DE MEAÑO

 

 

Este ano o IES de Meaño cumpre 25 anos de existencia, 25 anos traballando xuntos (alumnado, familias, profesorado, persoal non docente, etc) para formar en coñecementos, habilidades e valores aos rapaces e rapazas de Meaño.

Para celebralo estamos a organizar unha festa a que está convidada toda a comunidade do concello de Meaño, así como antigo profesorado, antigo alumnado e autoridades.

O festival, “AchanKa fest”, terá lugar o vindeiro venres 21 de xuño no IES de Meaño a partires deas 17h.

Neste festival entregaranse os premiosCreando Futuro”, uns premios que pretenden recoñecer a antigo alumnado do noso centro que contribúe dalgún xeito a crear unha sociedade cun futuro mellor.

Estades todas/os convidados, o acceso é libre, podedes acudir coas vosas familias.

Agradámosvos!!!

Estade atentas/os ás nosas redes sociaisi!!

Un saúdo 

A Dirección

                                                   
  

                            

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/25

 

RESERVA DE PRAZA. Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

  • Só para alumnado dos centros adscritos:

        • CEIP de Coirón-Dena
        • CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas

 

 

 

 


 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (Mércores, 7 de febreiro, ás 13:00 h.) 

  


 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN. Do 1 ao 20 de Marzo.

 

 


 

 XORNADA DE ACOLLIDA:

Para o alumnado que se incorporará ao centro no vindeiro curso escolar. (Xoves 30 de Maio, ás 9:45 horas).

 


MATRÍCULA:Todo o alumnado ten que formalizar a matrícula.( 23 de xuño ao 7 de xullo).

Rógase acudir no horario establecido a continuación, para unha mellor organización do centro: (de 9:00h a 14:15h).

    • 1º ESO - Martes 25 de Xuño

    • 2º ESO - Mércores 26 de Xuño

    • 3º ESO - Xoves 27 de Xuño

    • 4º ESO - Venres 28 de xuño

 


Normativa sobre o proceso de admisión

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). 

ESCOLA DE FAMILIAS

ESCOLA DE FAMILIAS DO IES DE MEAÑO

 

Convidamos a todas as familias do alumnado do IES de Meaño a un obradoiro impartido por especialistas da Garda Civil sobre:

“PERIGOS DE INTERNET E DAS REDES SOCIAIS. CONTROL PARENTAL”

Dentro do Plan Director organizamos esta actividade para tratar de proporcionar ás familias orientacións sobre como abordar cos nosos fillos/as os problemas derivados do uso das novas tecnoloxías (móbiles, redes sociais, etc..).

Segundo os datos oficiais, só o 25% das familias españolas supervisan ou poñen límites ao uso que os menores fan da rede, e como pais e nais temos a obriga de defender aos nosos fillos/as dos perigos que se derivan do uso de internet.

 

Agardamos poidades acudir. 

Xornada CDA

No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade)  para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

Este ano, a actividade consistiu na limpeza dos roteiros entre os Pasales e a praia da Lanzada, unha ruta de arredor de 8km a pé, fomentando así a actividade fisica entre o alumnado. Na actividade participou todo o alumnado do noso IES.

Recollemos moito refugallo, axudando asi a manter a contorna limpa.

 

Agradecemos a axuda dos servizos de bombeiros e polícia local dos concellos de Meaño e Sanxenxo pola súa axuda na realización desta actividade.



No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.

Consistiu na limpeza dos roteiros entre os Pasales e a praia da Lanzada, arredor de 8km a pé.Recollemos moito refugallo, axudando asi a manter a contorna limpa.

 

Agradecemos a axuda dos servizos de bombeiros e polícia local dos concellos de Meaño e Sanxenxo pola súa axuda na realización desta actividade.

 

 

VISITA AO BELÉN DE VALGA

Un curso máis o alumnado de Relixión realiza unha visita ao Belén de Valga para disfrutar das escenas máis orixinais e novidosas. Como cada ano, é un día moi especial.


Ligazón ao vídeo completo: https://youtu.be/PFnWLv08_xM

 

Información importante inicio do curso 23_24

Información para alumnado e familias de cara ao comezo do curso escolar 2023/24.

Rogamos sexa leída con atención

Un saúdo

A Dirección

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut