Skip to Content

PLAMBE

Viaxe ao centro da poesía

O alumnado de 2º da ESO de Lingua galega pediu a colaboración de poetas (Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Rosalía Fernández Rial, Gonzalo Hermo, Berta Dávila, Fran Alonso, Carlos Negro entre outros) para levar a cabo o proxecto "Viaxe ao centro da poesía". Froito desa relación nace o Libro de poetas publicado pola Deputación de Pontevedra.
 
             
 

VIDEOCONFERENCIA COA CIENTÍFICA GALEGA SONIA VILLAPOL

O 16 de novembro, con motivo do mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º ESO participou nunha videoconferencia desde as súas aulas con Sonia Villapol,investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU). Ela forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19,  e ademais é unha gran divulgadora científica. A súa charla levaba por título “Só a Ciencia nos rescatará da pandemia”. Tivemos a sorte de participar con gran acerto no turno de preguntas. 

É unha actividade promovida polo EDLG do Centro e o Dpto. de ACCEE.

Distribuir contido


by Dr. Radut