VIDEOCONFERENCIA COA CIENTÍFICA GALEGA SONIA VILLAPOL
O 16 de novembro, con motivo do mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º ESO participou nunha videoconferencia desde as súas aulas con Sonia Villapol,investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU). Ela forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19, e ademais é unha gran divulgadora científica. A súa charla levaba por título “Só a Ciencia nos rescatará da pandemia”. Tivemos a sorte de participar con gran acerto no turno de preguntas.
É unha actividade promovida polo EDLG do Centro e o Dpto. de ACCEE.