Skip to Content

Artigos do último número

Concurso de relatos de terror

Deixámosvos aquí os relatos gañadores do concurso de relatos de terror deste curso 2011-12. Os autores son: Alba Paz Castro de 1º A co relato Volta atrás e Martín Carramal Meis de 4º B cos relatos Sin salida (en castelán) e A morte só chama unha vez (en galego).

 

 

 

Volta atrás

 

Por Alba Paz Castro (1º B)

 

 

 

Casas que apenas se sostiñan en pé,moitas delas en ruínas, coas xanelas feitas anacos e cos marcos das portas desencaixados por fóra e coas paredes comestas e infestadas de innumerables bechos, cheas de humidade e cun aire con arrecendo a mofo por dentro,  e estes dous conxuntos contribuían a darlles un aspecto lúgubre  e melancólico a aqueles fogares. Todos eles formaban un conxunto de cemiterio de elefantes, parecían xigantes que emitían os seus queixumes ao vento e daba a sensación de que día tras día mantiñan conversas interminables, contándolle como pouco a pouco ían perdendo a súa forma e arruinándose cada vez máis, ata chegar a ser só unha morea de pedras descoñecidas e sen identidade, que antano foran edificios feitos polos albaneis da aldea para manter con vida o seu negocio, pero sobre todo para ver a cara de satisfacción dos compradores ó ver o resultado de tanto tempo de construción, e no fondo era o que máis os alegraba, ser útiles para os demais e achegar felicidade, que tamén se esvaecía ao mesmo tempo que as súas construcións.

 

Aquela vila tiña unha morea de corredoiras por onde día a día pasaban labregos equipados para ir ás súas fincas e traballalas para así poder ter algo co que encher o estómago cando a fame, como unha besta negra e cruel, desexara torturalos pouco a pouco roéndolles as entrañas. Chegado aquel momento, reclamaría a súa ración de comida para perdoarlles a vida, nunha especie de pacto satánico. Rapaces polas rúas vestidos con farrapos, raquíticos, de ollar choroso e mirar magoento que pedían esmola con cara de espectro fantasmal, como presaxiando o negro futuro que lle esperaba á vila. Esta estaba cruzada na súa totalidade por unha pista á que os seus habitantes chamaban “a carretera”, que non era máis que un sendeiro, pedregoso e lamacento debido ás cuantiosas chuvias que caían no lugar.

 

Por el deambulaban Víctor e a súa familia, que b.viñan de pobolar a súa pequena leira para ter reservas nos fríos do inverno. Nela tiñan plantados desde patacas, chícharos, unhas cantas tomateiras, cenorias, pementos de Padrón ata perexil para condimentar as comidas. Para acceder á pequena horta familiar había que cruzar unha pequena pontella que atravesaba un regato, co cal os labregos que tivesen fincas ao longo do curso del abrían unha presa de auga desviándoo para regar as fincas.

 

O regato estaba salpicado nas dúas marxes por carballeiras nas que aparecían intercalados algún que outro salgueiro. Todas estas árbores tiñan máis ou menos musgo na súa base, dando a impresión dunha cor verde xeneralizada que aportaba un aspecto algo selvático á panorámica do lugar se o comparamos coas monótonas fincas que o rodeaban formando unha paisaxe máis ou menos uniforme, de non ser polas matogueiras e silveiras que aparecían nas zonas da finca que polas súas condicións non eran axeitadas para o cultivo e non foran traballadas xunto coas viñas que se destacaban do resto dos cultivos xa que formaban unha unidade propia debido ás columnas de pedra coas que eran sostidas e aos arames que se colocaban para que os viñedos non superasen unha certa altura e facilitar a tarefa da vendima ao estar os acios a unha altura facilmente alcanzable. Varios cogomelos que buscaban sombra e humidade protexéndose debaixo das árbores que bordeaban o regato e que logo eran recollidos polas mulleres que ían lavar toda a roupa da casa camiño do lavadoiro de pedra que se atopaba algo despois dun tramo no que o regato tiña algúns saltos que formaban fervenzas nas que se podían ver algunha que outra troita que algúns vellos mariñeiros xa retirados para matar o tempo ían pescar desde a pontella coas súas canas xa oxidadas, e eles tamén sen aquela forza e vigor da xuventude, pero éralles igual porque o único que buscaban era revivir vellos momentos da mocidade cando ían sucando os máis variados mares do mundo en busca de peixe.

 

Xa se podía ver como o solpor estaba a caer naquela calorosa tarde de verán e aquel sol provocaba na auga coas súas últimas raiolas do día un escintileo da capa máis superficial provocando un xogo de brillos, cores e sombras que era digno de admirar e moi agradecido despois daquela xornada de duro traballo.

 

De camiño á súa casa, Víctor ía reflexionando na dura situación da vila e das súas desigualdades, xa que a súa familia vivía unha situación bastante privilexiada porque o seu pai tiña unha pequena botica ao lado do

 

(…)

 

O caxato caeu ao chan espertando a Víctor da súa sesta rutineira que sempre facía despois de comer. Incorporouse lentamente do sofá, tusiu un par de veces, recolleu o caxato e comezou a camiñar devagar pola sala de estar mentres pensaba no que acabara de soñar, e puido visualizar todas esas imaxes unha vez máis no seu álbum de fotos, xa descolorido polos anos onde aínda estaban súa nai, seu pai, as señoras que ían lavar a roupa, os mariñeiros, pero sobre todo o que Víctor tiña gravado na súa mente eran a miseria, a fame daqueles anos e o seu pobo n ruínas.

 

De súpeto xirouse e viu o almanaque colgado no andel onde gardaba os seus libros. Alí poñía: “18 de outubro de 2011”. Xa estaba maior e a cabeza xogáballe todos os días aquela mala pasada de facerlle crer que volvía á súa mocidade, que volvía a ver os soldados por un lado saqueando as casas, impactos de metralla na xente que saía fóra, mentres se retorcían de dor na rúa durante unha lenta agonía da que ninguén podería cambiar o seu final, os cadáveres daqueles mariñeiros, xa que en vez da cana cunha baioneta na man, o boticario fusilado nas aforas do pobo…

 

Pero non, hoxe non. Mañá despois de comer, volvería a visitalos de novo…

 

 

 

 

 

 

 

 

" SIN SALIDA " por Martín Carramal

 

 

 

Hoy es un gran día especial para el profesor George licenciado en genética, ha dedicado su vida a la investigación contra una de los mayores problemas del ser humano la muerte. Hoy no solo reconocen los años de investigación y trabajo, sino los resultados también, ya que ha dado con la clave para solucionar estos problemas. Muchos científicos a largo de la historia han afrontado la muerte como el destino de cualquier ser vivo, sin embargo George afronto la muerte desde otro punto de vista, para él existen dos tipos de materia la viva y la no viva la muerte, al igual que en los distintos estados de la materia: sólido, líquido..., existe un proceso para pasar de un estado a otro entre la materia viva y la muerte existe un proceso similar el primero el paso a la materia viva lo representa la propia vida y el segundo paso el paso a la materia muerta lo representa la muerte . Pero al igual que en los estados, al aplicar mas calor o mas frío se consigue que el estado de la materia se mantenga; en el estado vivo ocurre los mismos procesos, pero estos son provocados por unos aminoácidos que contienen la materia orgánica, el alimento que ingerimos, que en el núcleo de las células en el material genético, mas especialmente en los componentes que lo controlan, provocan que estos no generen más células nuevas para regenerar las antiguas y que las que componen los diferentes tejidos inicien un proceso de envejecimiento, lo que hace que las células y tejidos que componen un ser vivo envejezcan hasta colapsarse y llevarlo a la muerte. Con el compuesto que ha inventado el profesor estaos compuestos que provocan el envejecimiento son aislados por el organismo y no son injeridos, por lo que los seres vivos pueden mantenerse vivos indefinidamente.

 

Pero no todo son alabanzas al profesor George por su descubrimiento, porque las críticas a este consideran que si no mueren seres humanos la población humana se extinguirá por si solo, ya que cada día en el mundo la población aumentaría en tres millones de habitantes que no mueren mas nacimientos, con lo que en un año la población mundial aumentaría en unos cuatrocientos millones aproximadamente, agotando los recursos y aumentando la degradación del medioambiente. Por lo que no todas las personas podrían ingerir este compuesto, lo peligroso era decidir que clases podrían acceder a esta, pero esto también provocaría problemas, ya que las clases que no accedieran a este causarían disturbios y revoluciones que podrían acarrear guerras y conflictos que podrían suponer la desaparición de gran parte de la población.

 

Otra solución era mantener en secreto el descubrimiento, pero los medios ya habían publicado la noticia, por lo que no sería factible. Otra de las soluciones era eliminar al profesor y todos sus círculos de conocidos e informar a la población de que George había falseado los datos, pero esto tendría otro problema: cómo saber que el profesor no había hecho copias de sus investigaciones y saber con quién había estado en contacto. Todad estas posibilidades llevaron al profesor George a la locura, meses después de recibir el premio Nobel, se suicidó, pero no se sabe si víctima de las locuras provocadas por todos estos problemas que podría generar su compuesto o víctima de una de las posibles soluciones a los problemas que generaría este compuesto.

 

 

 

 

 

A morte só chama unha vez

 

Por Martín Carramal Meis (4º B)

 

Realmente existe a morte?, pasa algo no momento en que falece una persoa? Estas eran as preguntas que a diario se facía o doutor Soutomaior, doutorado en medicina forense; a diario era raro o día que non practicaba unha ou dúas autopsias, naquela sala situada no soto do hospital provincial, unha sala grande á que non  moitas persoas querían acceder. Naquela sala había un gran número de conxeladores, situados á dereita desta, con cadanseu número. En moitos habería cadáveres, outros estarían á espera de novos hóspedes, que, sen sabelo, o seu próximo destino serían as catro frías paredes dun conxelador dunha sala de autopsias. Esta sala encontrábase nun ambiente frío, quizais para conservar os corpos que alí quedaban, ou para intimidar ás persoas que accedían a esta. No medio da sala había cinco mesas, mesas metálicas cunha función fóra do común. Tamén había unhas balanzas nos extremos de cada mesa, empregadas para detectar anomalías de peso nos diferentes órganos dos corpos, que alí chegaban para someterse ao proceso de autopsia, un proceso destinado a esclarecer as causas da morte dunha persoa, nunhas un proceso sinxelo, noutras un proceso laborioso e estresante. Na primeira mesa, unha fría etiqueta metálica identificaba o corpo dunha muller, esta aínda esperaba o comezo do proceso da autopsia; noutras dúas mesas había outros dous corpos, dous varóns, nos que este proceso xa dera comezo. Ao lado de cada mesa había unha bandexa. O instrumental que se encontraba sobre estas, estaba cheo de sangue e restos de tecidos, xa que foron empregados nas autopsias dos dous corpos. Estes foran abertos de arriba a abaixo. A súa caixa torácica fora forzada e aberta como se de unha caixa forte se tratase, pero nestas non había diñeiro ou xoias, senón órganos e sistemas que agora non cumprían ningunha función. Ao fondo da sala había unha mesa, unha mesa normal de traballo, na que o doutor tomaba as súas notas sobre os corpos. Hoxe non había notas, había os plans que tiña pensado levar a cabo, para dar coa resposta ás súas preguntas sobre a morte. O plan era que el, coa axuda dun estudante de medicina interesado nas mesmas cuestións que o doutor Soutomaior, a través dunha descarga eléctrica pararía o seu propio corazón durante un tempo prudencial, para saber que hai tras a morte, e despois volvería a poñelo en marcha outra vez. O doutor, tras explicarlle o seu plan ao axudante, situouse sobre unha das mesas da sala. O seu axudante procedeu a aplicarlle a descarga eléctrica. Despois do tempo acordado, o axudante volveu a aplicarlle a descarga.  E tras intentalo en repetidas ocasións, o doutor pasou a formar parte do ambiente mortífero daquela sala, facendo unha viaxe ás profundidades da morte para sempre.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut