Skip to Content

Taboleiro de novas

Comezo de Curso

Información importante de cara o inicio de curso:

  • curso comezará o Luns 16 de Setembro as 8:45h, ese día as clases rematarán as  15:10h. Ese día xa haberá servizo normalizado de transporte escolar.

                                          O horario escolar do centro é :

Luns e Mércores:  8:45h- 15:10h

 

Martes, Xoves e Venres:   9:00h a 14:35h

Publicase a Resolución Definitiva do Fondo de Libros.

Publícase a Resolución Definitiva do Fondo de Libros.(3º e 4º ESO)

Nela pódese consultar as materias e libros asignados a cada alumno.

  • A aplicación informática da Consellería é a que asigna os libros os alumnos de xeito automático, en función da renda, polo que o centro non pode decidir cales son as materias dos libros que se lle asignan a cada alumno.
  • Enviarase, a través do alumnado,  un documento as familias selado polo centro coa lista de libros entregados o alumno. As Familias deberán devolver este documento asinado canto antes para deixar constancia documental da entrega, e seralles devolto asinado pola dirección.
  • Os libros serán entregados os alumnos no centro  polo profesor na súa materia paulatinamente,o longo dos primeiros días de curso.

 Listaxe Definitiva de Admitidos

Listaxe Definitiva de Excluídos

  • AXUDAS MATERIAL: O centro informará a través da súa web cando poden vir os pais/nais/titores legais a​ ​recoller​ ​os​ ​cheques​ ​de​ ​axudas​ ​para​ ​mercar​ ​material​ ​escolar. Deberán vir a recollelos en persoa.En caso de non poder acudir poderán autorizar a algúen mediante  este documento 

 

Listaxe Axudas material 

 

 

O alumnado de 1º ESO e 2º ESO non participa no FondoLibros da Consellería por estar no proxecto EDIXGAL.De todas formas, para as materias que non están integradas en EdixGal e que teñen libro de texto, o centro repartirá durante a primeira semana de curso entre o alumnado os libros dos que dispón de xeito correlativo comenzando pola Letra "K" ata rematar as existencias, como foi acordado no Consello Escolar.

 

Un saúdo 

A Dirección

Fondo Libros Listaxe Provisional

 FONDO LIBROS- LISTAXE PROVISIONAL

Seguindo a   Orde do 3 de maio de 2019(DOG do 20/05/2019), procedemos a publicar o listaxe PROVISIONAL de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto:

LISTAXE ADMITIDOS

LISTAXE EXCLUIDOS

De acordo coa normativa, dispoñénse de dous das para facer alegacións ós datos publicados.

Aclaracións:

  1. Na listaxe poden ver o número de libros que o centro lle vai asignar en Setembro, pero non as materias dos libros que se lle van a asignar, polo que de momento NON deben mercar ningún libro, si é que aparecen na listaxe provisional de Admitidos.
  2. Ata o 13 de Setembro non sairán as listaxes definitivas, co número de libros asignados e as materias dos libros.
  3. O alumnado que aparece como "Condicionado a existencia de matrícula e/ou devolución de libros", é porque todavía non devolveu todos os libros xa que  ten materias para setembro ou porque o centro todavía non realizou o proceso informático de matrícula do alumno.
  4. O alumnado que aparece na listaxe como "Pendente das existencias de setembro", é alumnado o que non lle corresponden Libros do fondo de libros, pero que se  en setembro sobrasen exemplares no centro, a aplicación informática que xestiona o Fondo de Libros, lle podería asignar algún libro a este alumnado. Pero de novo isto non o saberemos ata o 13 de Setembro.
  5. Dado que  alumnado de 1º ESO  e 2º ESO vai a participar no proxecto de educación dixital da consellería (E-Dixgal) debe ter en conta  que  segundo o artigo 1 da ORDE do 3 de Maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, o alumnado matriculado nos cursos incluídos no proxecto de educación dixital (E-Dixgal) están excluídos da participación no fondo solidario de libros de texto, o entender a consellería que xa se lle asignan os libros dixitais. De todos xeitos, dende o centro,repartiremos as existencias do fonfo de libros do centro, ata esgotar existencias, entre o alumanado, mediante sorteo tal e como se aprobou no Consello Escolar.

 

RECOMENDACIÓN; DE MOMENTO NON MERCAR NINGÚN LIBRO ATA SETEMBRO

Un saúdo

A Dirección

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

Achegamos a listaxe dos libros de texto para o curso 2019-2020

IMPORTANTE: Non se debe mercar ningún libro de texto ata o comezo de curso. Dende o equipo directivo daremos toda a información sobre os prazos para facelo, unha vez comezadas as clases. 

Un saúdo. Equipo directivo.

CALENDARIO SETEMBRO

Aquí tedes un documento co horario dos exames de setembro, datas importantes do mesmo mes e horario de verán do instituto: Calendario de setembro

Un saúdo. Equipo directivo

Revista CernaNova

Xa temos aquí  a Revista Escolar CernaNova do curso 2018/19. Un gran traballo conxunto d eprofesorado e añlumnado no que se recollen algunhas das tarefas e actividades levadas a cabo pola comunidade educativa do IES de Meaño no curso que está a piques de rematar. 

 

Tamén podedes consultar o fantástico libro  de receitas tradicionais "SABERES E SABORES"  que elaborou o equipo de biblioteca en colaboración co resto de profesorado alumnado,pais e nais, etc. Este libro foi editado pola Deputación de Pontevedra a cal lle agradecemos desde aquí a súa colaboración. É un libro enmarcado no proxecto interdisciplinar que "Come,rapaza come" que levamos a cabo este ano no centro. Esta revista en pdf ten códigos Qr incrustados que podedes escanear cun dispositivo móbil para ter acceso a mais contidos.

Un saúdo

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Este vernes 21 de xuño de 10  a 14:30 horas as familias do alumnado do IES de Meaño estades convidadas a xornada de portas abertas na que o alumnado ten preparado unha serie de obradoiros para vós. Están desexando ensenarvos algunha das cousas aprendidas neste curso.

Tamén teremos a graduación do alumnado de 4ºESO.

Animadevos a vir, podedes acudir a calquer momento entre as 10 e as 14 h!

PROXECTO DEPORTIVO DO CENTRO

Continúamos cos recreos activos como actividade do  Proxecto Deportivo de Centro   integrado nos "Contratos Programa"   da consellería de educación, no que este ano participa o IES de Meaño. No segundo trimestre organizouse un torneo de bádminton individual e mixto,no que se enfrontaban alumnos/as de 1º/ 2º e alumnos/as de 3º/4º, para finalmente realizar unha gran finalentre os gañadores dos dous grupos. Nesta 3ª e última avaliación arrancaremos cun torneo de Balonmán,igualmente mixto e por grupos, un grupo de 1º e 2º e outro de 3º e 4º. Todo isto gracias á colaboración do alumnado de 4º o que levou a cabo tarefas de organización é arbitraxe dos encontros. Ademais comentar,que dentro das actividades de dito proxecto, alumnos/as de tódolos curso asistirán a unha xornada de surf na praia da Lanzada o día 30 de maio.

 

                                          

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut