Skip to Content

Taboleiro de novas

O cantagalos nos medios

O pasado venres 25 de maio levouse a cabo no IES DE MEAÑO o concerto solidario "Cantagalos" onde participaron aproximadante 460 persoas que disfrutaron toda a mañá coas actuacións da banda infantil e xuvenil de Meaño, co grupo Magno Brass, cos talleres educativos de impresión 3D, robótica, arte na nube, xadrez,fotografía... Tamén houbo unha zona de ventas onde se recaudaron fondos para dúas ONG e finalmente realizouse o concurso "Cantagalos" onde os alumnos puideron bailar, cantar ou interpretar.

Neste vídeo podedes ver a pequena reportaxe que fixo o canal Rías Baixas.

E si clicades veredes as noticias feitas polo "Faro de Vigo"   24 de maio   - 25 de maio e pola " Voz de Galicia"

Neste enlace achegamos unhas das fotos publicadas polo xornal   "A Voz de Galicia"

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Vense de publicar a  ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material  escolar.

  • Para poder acceder a este fondo de libros é condición necesaria  devolver os libros de texto  e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.
  • O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2018.
  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado no centro no que estea admitido o alumno
  • As solicitudes poderanse presentar no centro educativo utilizando os  formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros, ou por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • O prazo para presentar solicitudes xa está aberto e  rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

 

A Dirección.

 

Clases sen fume

A clase de 1ºA do noso instituto, titoría da mestra de plástica Aránzazu involucráronse nun proxecto chamado "Clases sen fume" onde tiveron que traballar sobre o consumo do tabaco tratando de cambiar hábitos e prexuízos sobre o tabaquismo. Este proxecto levouse a cabo en dúas fases e en oito sesións.

Na primeira fase fan o deseño do frase/eslogan onde na terceira sesión sae un elexido entre todos. O eslogan elexido é "Se algo malo queres facer, ti fuma e vas a ver". Deseguido amosamos un vídeo do proceso que se levou en cada sesión.

 Na segunda sesión fan unha actividade creativa que consiste en crear unha canción onde se fale sobre o tabaco.No seguinte vídeo adxuntamos a canción.

Concurso solidario CANTAGALOS

O 25 de maio no IES DE MEAÑO estarán as portas abertas para que as familias e outros centros do redor poidan vir pasar unha mañan amenizada por varios tipos de actividades. Contaremos coa presenza da banda infantil e xuvenil de Meaño e tamén por un grupo de música de xovénes meañeses chamado Magno Brass. Tamén habrá un concurso "Cantagalos" onde se podrá bailar, cantar, interpretar con instrumentos caseiros...

Tamén teremos uns uns talleres educativos nos que toda a xente que veña pode participar.

Arte na nube, Impresión 3D, Diseño e laminado, Xadrez ,Robótica, Fotografía...

Toda a información máis detallada e o formulario para inscribirse no concurso de Cantagalos atópase na páxina web do noso proxecto solidario MakerSchool.

Aquí achegamos información sobre o que é un cantagalos e como facer instrumentos caseiros.

 -QUE É UN CANTAGALOS

-COMO FACER UN CANTAGALOS

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

No seguinte enlace poden consultarse as as listaxes de admitidos para as  AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2018 , así como as instrucións correspondentes.

Un saúdo 

 

A dirección

 

Convocatoria para os campamentos de verán

 

OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS DENTRO DO PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2018

 

Mediante a oferta da devandita campaña a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece a posibilidade de que a mocedade empregue o seu tempo libre de verán  participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que sirven non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal.

 ATOPARÁN TODA A INFORMACIÓN

No DOG nº 80 do mercores 25 de abril.

Na páxina web http://xuventude.xunta.es/


Un saúdo:

 A dirección

STEM Lab

Nuestro centro fue seleccionado para ir al STEM Lab el pasado 20 de abril en Santiago de Compostela a presentar nuestro proyecto educativo  Makerschool. Ciencias, tecnologías,ingeniería y matemáticas son las siglas de STEM.

     STEM Lab Galicia         Alumnos na visita

 

 

ies

 

Visita del IES La Vaguada

Durante la semana desde el 11 al 13 de abril nos visitaron los profesores del IES La Vaguada de Zamora con el proyecto Observa_Acción. Este proyecto consiste nun intercambio con profesores de Castilla y León que visitan nuestro centro y viceversa, con el fin de aprender las diferentes formas de enseñanza que se llevan a cabo en otros centros.

 

Profesores na visita ao instituto.

 

Visita a Sotavento

Os alumnos de 1º de ESO foron a unha saída educativa a Sotavento,  un parque eólico situado en Lugo.

Visita a Sotavento Visita a Sotavento 2018

 

Distribuir contido


by Dr. Radut