Skip to Content

Taboleiro de novas

Avaliación Final da ESO

Avaliación Final de educación secundaria obrigatoria

O noso centro foi seleccionado pola Dirección Xeral de Educación, seguindo criterios estatísticos, para desenvolver a Avaliación Final de educación secundaria obrigatoria no presente curso 2018/19.(Resolución 16 de Abril de 2019, DOG do 3 de Maio).

Esta avaliación ten carácter mostral e terá que realizala o alumnado de 4º ESO durante os días 28 e 29 de Maio de 2019 en horario lectivo.

Trátase dunha proba que NON terá efectos académicos no expediente do alumno/a.

En concreto se avaliarán as Competencias en comunicación Lingüística: Castelá , Galego e Primeira lingua estranxeira (Inglés), Competencia Matemática e Competencia Social e Cívica.

Ademais o alumnado realizará de xeito anónimo un cuestionario de contexto en formato dixital e en horario lectivo entre o 29 de Maio e o 5 de Xuño

As familias tamén se lle pasará o enlace a este cuestionario de contexto,  que preferentemente se cubrirá en formato dixital a través deste enlace web:  

https://www.edu.xunta.es/avalia/PaxinaInicio.action

As familias pódeno facer dende calquera lugar se dispoñen de internet, e tamén se habilitará no centro un espazo entre os días 29 de Maio e o 5 de Xuño  para que poidan vir e cubrilo aquí, ademais de axudalos no proceso.

 En último caso tamén se lle facilitará as familias o cuestionario en formato papel.

Escola de Pais

Dentro das iniciativas que estamos a levar a cabo na posta en marcha da Escola de Pais, este pasado Luns 13 de Maio tivemos no centro un obradorio na que pais/nais e fillos/as tiveron a oportnidade de profundizar nas habilidades comunicativas entre pais e fillos adolescentes. Grazas as familias pola sús participación.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras - 2019

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Trátase de actividades que están financiadas parcialmente pola administración educativa e que se desenvolven nos meses de xullo e agosto. Consideramos que poden resultar de moito ineterese para o alumnado de cara a mellorar o seu desenvolvemento en lingua Inglesa.

Se precisades axuda podedes acudir o centro.

Podedes consultar aquí toda a información. 

 

Un saúdo

A Dirección

Cuestionario de Convivencia

A Consellerái de Educación solicita a colaboración das familias para coñecer a situacón no referente a convivencia nos centros educativos, Para iso dispuxo un cuestionario na web, totalmente anónimo, que poden cubrir as familias utilizando unha clave que lle faremos chegar as familias a través do alumnado.

Aquí podedes acceder o FORMULARIO

 

Un saúdo e grazas pola vos colaboración.

NOVA SOBRE OS RECREOS ACTIVOS

NOVA SOBRE OS RECREOS ACTIVOS

 

Os recreos activos son parte do PDC (PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO).

Nestes recreos lévanse a cabo actividades físicas e intelectuauis.

Neste trimestre en particular realizouse un torneo de brilé entre equipos de 1º-2º e entre 3º-4º e culminouse cunha gran final entre os gañadores de cada grupo resultando ser o equipo de 1º “Os Briladores” contra o equipo de 4ºB “Xoubas B.C.”

Ademais xógase a ping-pong ao longo de tódolo curso, e o Xadrez na Biblioteca

 

As imaxes que aportamos de brilé e ping pong son da final.

 

 

DepoRuarte e a Igualdade de xénero

 

Os  alumnado de 4º de ESO  participaron no programa DepoRuarte da Deputación de Pontevedra. Traballaron no mundo do grafitti e a arte urbana deseñando e creando unha pintura mural sobre o tema de Igualdade de xénero.Este grafitti foi feito nunha das paredes do centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Os alumnos de 1ºA para conmemorar o dia de Día Internacional das Persoas con Discapacidade prepararon un agasallo para su compañeira Nerea. 

 

Visita ó Belén de Valga 2018/19

Os alumnos do IES de meaño visitan o Belén de Valga.

 

ESTADÍA FORMATIVA EN CANADÁ

ESTADÍA FORMATIVA EN CANADÁ,

PIALE: Programa integral de Aprendizaxe de Linguas Extranxeiras da Consellería de Educación

 

Durante o mes de novembro, o Departamento de Plástica participou no Programa Piale, da Consellería de Educación, realizando unha estadía formativa en Ottawa, Canadá, nun Instituto de Secundaria, o Glebe Collegiate Institute.

 

Aquí podedes ver unha pequena presentación e un video da experiencia no Centro e das visitas ás cidades e lugares máis destacados.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut