Skip to Content

Taboleiro de novas

Visita a Sotavento

Os alumnos de 1º foron co IES a unha excursión a Sotavento, un parque eólico.

 

Conferencia Eminent.

 

Este ano participamos nunha conferencia chamada Emiment. Esta conferencia foi organizada pola European Schoolnet . Fumos seleccionados con outros catro centros europeos onde cada un presentaba a súa idea de aula do futuro e no noso caso tamén dábamos a coñecer o noso proxecto solidario MakerSchool. Nesta conferencia estiveronnos vendo 400 mandarios ademais dos centros participantes. Foi realizada en lingua inglesa.

 

 

Do timbre á musica

Este curso no IES de Meaño decidimos cambiar o timbre convencional por un no que se escoite música.Neste proxecto está implicado todo o centro, e nel colaboran todas as materias a través dun proxecto interdisciplinar. Cada clase elixe tres cancións que os represente para que sone en cada cambio de clase ou no recreo.

Aquí está a noticia na que aparecemos na Tv Canal Rias Baixas sobre o proxecto “Do timbre a Música".

 

  

 

 

 

 

Oferta de Prazas e Instruccións Admisión de Alumnado

Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, o número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2018/19 son as que figuran neste documento. Tamén poden consultar nese arquivo as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo. 

No taboleiro do noso centro e nos taboleiros dos centros adscritos está dispoñible o listado de alumnado dos centros adscritos que fixo a reserva de praza e lle foi admitida.

Un saúdo 

A Dirección

"Contra a Violencia de Xénero"

No centro levamos a cabo diversas actividades contra a violencia de xénero. Neste arquivo podedes ver o resumo destas actividades.

Unha flor para Nerea

No Nadal, o alumnado de 1º de ESO A, nas sesións de titoría, elaboramos unha flor para regalarlle a Nerea, coas iniciais do nome de cada compañeiro/a.

Tamén lle cantamos a canción: “Chea de Vida”, da cantante Guadi Galego. Noraboa ao alumnado polo ben que o fixeron.


Actividades de formación en linguas estranxeiras

A consellería convocou  axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no año 2018, destinadas o alumnado dos centros docentes sosidos con fondos públicos, en réximen de concurrencia competitiva.

Básaicamente consiste en estadías de 7 ou 15 días durante o verán nun campus no que os alumnos perfeccionarán a aprendizaxe da lingua Inglesa. 

 

Neste enlace podedes consultar toda a información.

 

Un saúdo

A Dirección

Contratos Programa

O IES de Meaño foi admitido no programa da Consellería denominado "Contratos Programa" nas dúas modalidades solicitadas:

 

  • Reforzo, Orientación e Apoio. Acompañamento Escolar fóra do  horario Lectivo (PROA). 
  • Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia. 

 

Estes dous programas supoñen un paso importante na busca de mellorar a atención e o nivel de competencia do noso alumnado.

 

Un saúdo

 

A Dirección

 

Proxecto Observa_acción

O noso centro foi seleccionado para participar nun programa de Innovación da Conselleria chamado Observa_acción. Tratase dun programa de Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais", desenvolverase ao longo de 2 cursos.
 
Neste programa participamos de xeito activo 5 docentes do centro, consiste básicamente en observar como outro docente imparte algunha das suas clases para poder recoller ou aportar ideas. 
 
Nas semanas do 15 o 19 de Xaneiro, e do 22 o 26 de xaneiro,rganizaremos unha semana da "Aulas Abertas" no centro, de xeito que algúns docentes  abrirán as portas da súa aula para que outros compañeir@s poidan entrar a observar. Posteriormente teremos un intercambio con docentes doutros centros.
 
Esta iniciativa enmárcase dentro da necesidade continua de actualización que require a nosa labor como docentes.
 
Un saúdo
A Dirección
Distribuir contido


by Dr. Radut