Skip to Content

Avaliación Final da ESO

Avaliación Final de educación secundaria obrigatoria

O noso centro foi seleccionado pola Dirección Xeral de Educación, seguindo criterios estatísticos, para desenvolver a Avaliación Final de educación secundaria obrigatoria no presente curso 2018/19.(Resolución 16 de Abril de 2019, DOG do 3 de Maio).

Esta avaliación ten carácter mostral e terá que realizala o alumnado de 4º ESO durante os días 28 e 29 de Maio de 2019 en horario lectivo.

Trátase dunha proba que NON terá efectos académicos no expediente do alumno/a.

En concreto se avaliarán as Competencias en comunicación Lingüística: Castelá , Galego e Primeira lingua estranxeira (Inglés), Competencia Matemática e Competencia Social e Cívica.

Ademais o alumnado realizará de xeito anónimo un cuestionario de contexto en formato dixital e en horario lectivo entre o 29 de Maio e o 5 de Xuño

As familias tamén se lle pasará o enlace a este cuestionario de contexto,  que preferentemente se cubrirá en formato dixital a través deste enlace web:  

https://www.edu.xunta.es/avalia/PaxinaInicio.action

As familias pódeno facer dende calquera lugar se dispoñen de internet, e tamén se habilitará no centro un espazo entre os días 29 de Maio e o 5 de Xuño  para que poidan vir e cubrilo aquí, ademais de axudalos no proceso.

 En último caso tamén se lle facilitará as familias o cuestionario en formato papel.



page | by Dr. Radut