Xa está publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no IES de Meaño para o vindeiro curso, e pode consultarse como indican as instrucións sobre o proceso de admisión de dous xeitos:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
P.D. Lembrar que o alumnado que fixo a reserva de praza(centros adscritos) non se ve afectado por este proceso de admisión, e se xa estaba admitido non vai aparecer nesta listaxe.
Vense de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirirmaterial escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)
Mañá mércores día 20/05/2020 ábrese o prazo O alumnado de 1º e 2º de ESO como ten o proxecto de educación dixital Edixgal soamente poderá solicitar as axudas de material escolar. O prazo remata o vindeiro 19 de xuño.
Procedemos a darlle publicidade as ADENDAS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICASque elaboraron os diferentes departamentos didácticos, para adecualas as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas adendas as programacións didácticas están pendentes de aprobación por parte da inspección educativa, polo que poderían sufrir modificacións.
Belén, a nosa orientadora do IES de Meaño, elaborou os seguintes vídeos e infografías onde se recolle información de gran importancia sobre orientacións académicas e profesionais.
Se vas cursar 3º de ESO ou 4º de ESO, tes que escoller entre Matemáticas Académicas ou Matemáticas aplicadas. Para axudarche a tomar esta decisión, preparamos este vídeo explicándoche as variables que tes que ter en conta para decidirte por unha ou outra opción:
- Que opcións formativas teño tras rematar a ESO?
Bótalle unha ollada ao seguinte cadro e decide cal é a mellor opción para ti:
- Formación Profesional Básica (FPB)
Coñece a Formación Profesional Básica a través deste vídeo que preparamos para ti:
- Formación Profesional de Grao Medio e Superior
Estás pensando en cursar estudos de Formación Profesional? No seguinte vídeo explicámosche que requisitos precisas para acceder a estes estudos e cales son os ciclos que podes cursar na nosa Comunidade Autónoma.
- Bacharelato e estudos superiores:
Estás pensando en cursar Bacharelato pero non tes claro que modalidade e que materias elixir? Sabes que estudos podes cursar ao rematar o Bacharelato? Mira este vídeo e resolve as túas dúbidas.
- Ensinanzar de réxime especial:
Sabías que existían unhas ensinanzas regradas de Réxime Especial? Coñeces cales son? Sabes que requisitos precisas para acceder ás mesmas? Descubre todo isto a través do seguinte vídeo.
- Axudas do MEC para estudos postobrigatorios:
No seguinte enlace podes ver un resumo das axudas do Ministerio de Educación para continuar os estudos postobrigatorios.
Na Resolución do 5 de maio de 2020, restableceuse o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que :
NON TEN QUE SOLICITAR ADMISIÓN: O alumnado que xa está matriculado no centro e o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos se xa fixo a solicitude con anterioridade e foi admitido.
O alumnado que cursa actualmente 4º ESO no IES de Meaño si debe realizar a solicitude de admisión, no centro que desexe cursar Bacarelato
O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 de Maio (ámbolos dos inclusive).
ORDE do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504G).
Trátase de campaentos para o alumnado que no curso 19/20 se atope en 3º e 4º da ESO, dunha semana de duración na Coruña no mes de Agosto. Non ten custo pero hai que cumplir unha serie de requisitos que se recollen na orde.
Nestes camapamentos se traballa a competencia en Lingua inglesa e as competencias asociaas o ámbito STEM: Ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, o alumnado aprenderá xogando con robots, programación, impresión 3d etc.
Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Trátase de actividades que están financiadas parcialmente pola administración educativa e que se desenvolven nos meses de xullo e agosto. Consideramos que poden resultar de moito ineterese para o alumnado de cara a mellorar o seu desenvolvemento en lingua Inglesa.
Dende o IES de Meaño apostamos pola IGUALDADE. Como di a nosa pancarta: 8M sempre.
O luns 9 de marzo conmemoramos o día Internacional da Muller: Os alumnos/as de 2º de ESO do Obradoiro STEAM de Igualdade impartiron unha charla para os seus compañeiros/as e para o equipo docente sobre esta materia. Ademais, a profesora de educación física, Montse, explicounos cómo o alumnado elaborou a táboa periódica das deportistas máis destacables da historia. Por último, visualizamos un vídeo no que as protagonistas eran varias alumnas do instituto, que falaban sobre o que é para elas a Igualdade.
Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, pódese consultar o número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2020/21, e as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo.