No IES de Meaño realizamos todos os anos unha actividade de APS (Aprendizaxe e servizo á comunidade) para concienciar ao noso alumnado da importancia da labor social.
Este curso, a actividade está enmarcada no proxecto“O Meaño que queremos” e consistirá na fabricación e colocación de trampas para velutinas e a limpeza dos roteiros do Río da Chanca.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
Mércores 19/04/23 de 9.30h a 15.10h
Participará todo o alumnado e convidamos a todas ás familias que queiran participar.
O alumnado irá provisto de guantes que lle proporcionaremos no centro, ademais o centro repartirá bolsas para o lixo.
O alumnado debe levar calzado axeitado e algo para merendar.
O alumnado desplazarase en autobús ata os puntos de partida da ruta.
3º e 4º ESO -Ruta Cementerio Simes Meaño-Pasales8 km.Colocación das trampas para velutinas (alí onde o indique o operario da mancomunidade) e limpeza dos roteiros.
Horario aprox:
9:30 a 10:15h: Saída de 3º e 4º cara o Cementerio de Simes - Pasales: ruta de 10:30 a 13:30 h
10:30 a 11:15: Saída de 1º e 2º cara os Muiños de Lores - Pasales: ruta de 11:30 a 13:30 h
Para a elaboración, do "PLAN DE IGUALDADE" do IES de Meaño solicitamos a colaboración das Familias do alumnado do IES para cubrir a seguinte ENQUISA que é TOTALMENTE ANÓNIMA. Os datos recollidos da mesma servirán para elaborar o Plan de Igualdade do centro.
A finalidade é coñecer a súa opinión, crenzas e expectativas en relación coa coeducación e a igualdade entre homes e mulleres no seu rol de pai ou de nai. Dispoñer da información que nos pode proporcionar neste tema é clave para detectar necesidades e mellorar a resposta educativa que poidamos dar ao respecto. Grazas pola súa colaboración.
Convidamos a todas as familias do alumnado do IES de Meaño a un obradorio sobre
“USO E ABUSO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS”
Organizamos esta actividade para tratar de ter unhas orientacións sobre como abordar cos nosos fillos/as adolescentes, os problemas derivados do uso das novas tecnoloxías (móbiles, redes sociais, ertc..). Agardamos poidades acudir xa que contaremos coa presenza dun profesional con moita experiencia no tema.
Este ano celebraranse Eleccións ao Consello Escolar do IES de Meaño. Animamos a comunidade educativa a que presenten a súa candidatura ao consello escolar para deste xeito participar na xestión do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.
Colocaremos no taboleiro do centro toda a información referente ao proceso, e a que non estea suxeita a protección de datos tamén a colocaremos aquí:
A antiga alumna do centro, María Torres, realizou no curso pasado un tutorial en galego sobre a elaboración de grúas de papel (dentro do proxecto 21 días co galego, xa que non había en youtube tutoriais nesta lingua). Agradecémoslle a súa colaboración co proxecto.
No IES de Meaño apostamos pola participación activa do alumnado na vida escolar. Por este motivo, dende o Equipo de Convivencia do centro, impulsamos a realización dunha curtametraxe durante o curso escolar. Os alumnos e alumnas do instituto adican parte do seu tempo de lecer á creación audiovisual, con todo o que isto supón: esforzo, compromiso, organización, emocións…Como resultado obtemos obras das que estamos moi orgullosos e orgullosas, e que representan perfectamente o que poden conseguir os rapaces e rapazas do noso instituto con motivación. A continuación, adxúntanse enlaces e información das curtas dos últimos dous cursos (conseguiron recoñecementos importantes en varios festivais audiovisuais):
Serendipia (curso 20/21) (está subido a Youtube coa conta do IES de Meaño)
Gañadora mellor guión festival audivisual Ouff Escola de Ourense
Finalista mellor guión festival audiovisual Olloboi
Guión/Dirección: Patricia Baquero, Icía Torrado, Ero Rodríguez, Andrea Blanco, Claudia Otero, Noa Nogueira.
Para o alumnado de 2º e 4º recoméndase non mercar os libros de momento, xa que dende o centro, trataremos de proporcionar os libros que non entran en E-Dixgal ao alumnado, para iso utilizaremos ata esgotarse o fondo de libros existente no centro. No caso de non chegar as existencias será cando o alumnado deberá mercar os libros, polo que é conveniente agardar ata comezado o curso para mercalos.
O alumnado de 1º e 3º , si que pode ir mercando os libros, xa que nestes cursos entra unha nova lei educativa (LOMLOE) cun currículo novo, os libros son diferentes aos do curso pasado, polo que non dispoñemos de libros no fondo do centro.
En 1º e 2º ESO ,o libro de Francés é recomendable agardar ao inicio de curso para mercalo.