Skip to Content

Resolución Provisiional Axudas Material

Resolución Provisional do Fondo Solidario de Libros de texto  e axudas de material para o curso 21_22 xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web Fondolibros (necesaria chave 365 ou certificado dixital)

Lembramos que: O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4  de ESO como o vindeiro curso teremos o proxecto de educación dixital Edixgal en todos os cursos,  soamente puido solicitar as axudas de material escolar.(A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

Un saúdo 

A Dirección

Viaxe ao centro da poesía

O alumnado de 2º da ESO de Lingua galega pediu a colaboración de poetas (Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Rosalía Fernández Rial, Gonzalo Hermo, Berta Dávila, Fran Alonso, Carlos Negro entre outros) para levar a cabo o proxecto "Viaxe ao centro da poesía". Froito desa relación nace o Libro de poetas publicado pola Deputación de Pontevedra.
 
             
 

Calendario Exames Setembro. Datas importantes

Achégase Calendario dos exames de setembrodatas importantes  e horario de verán do IES de Meaño:

Calendario dos exames de setembro.Datas importantes e horario de verán 

 

Un saúdo

A Dirección

 

Libros de Texto para o curso 2021 / 2022

Achegamos a listaxe dos libros de texto para o curso 2021-2022

IMPORTANTE: Recoméndase Non  mercar ningún libro de texto ata o comezo de curso, xa que dende o centro, trataremos de proporcionar os libros das materias que non entran en E-Dixgal ao alumnado, para iso utilizaremos ata esgotarse o fondo de libros existente no centro. Repartiranse ata esgotar ás existencias 1 libro por alumno, comezando pola letra "F" (segundo sorteo realizado no consello escolar) do primeiro apelido do alumnado de cada nivel educativo No caso de non chegar as existencias será cando o alumnado deberá mercar os libros que lle falten,

Un saúdo. Equipo directivo.

Transmisión en Directo da Graduación de 4º da ESO

Na seguinte ligazón poderedes seguir en directo a retransmisión do acto de graduación do alumnado de 4º da ESO do IES de Meaño deste ano 2021.

Será o vindeiro Xoves 24 de Xuño a partires das 12:15h

Un saúdo

REVISTA ESCOLAR CERNA NOVA

A nosa REVISTA ESCOLAR "CERNA NOVA" ve a luz de novo despóis dun ano d eparón por pmor da pandemia, e ven chea de creacións literarias do alumnado,artigos,reportaxes,ilustracións,fotos, e ....moito máis.

Descúbrea!!!!

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 20_21. DATAS DE MATRÍCULA CURSO 21_22

Achéganse instruccións e información importante de cara ao remate do curso 20_21.

Datas de remate do curso, entrega de boletíns de cualificación, datas de matrícula, etc.

Prégase sexa leído con atención. Grazas.

Un saúdo

A Dirección.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar. 2021/22

Vense de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

prazo remata o vindeiro 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4  de ESO como o vindeiro curso teremos o proxecto de educación dixital Edixgal en todos os cursos,  soamente poderá solicitar as axudas de material escolar.(A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

As solicitudes  presentarse preferentemente por via electrónica (é necesario certificado dixital ou chave365) a través da aplicación FondoLibros , ou presencialmente no centro (poden cubrir e descargar aquí os anexos).

 

Un saúdo

A Dirección

Calendario exames materias pendentes de cursos anteriores

Dende o 10 e ata o 13 de maio se realizarán no instituto os exames de materias pendentes de cursos anteriores. Todo o alumnado con materias pendentes debe preguntarlle ao profesorado responsable da avaliación das mesmas si deben realizar esta proba. Acceso aquí á data e horario do exame de cada materia. Un saudo. Equipo directivo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut