Skip to Content

Obradoiro plástica bilingüe

O pasado venres 18 de decembro a profesora Elisabet Hillerud, especialista na Arte Zentangle, impartiu un pequeno obradoiro en Inglés ao alumnado da Sección Bilingüe. Foi unha clase para aprender a disfrutar do debuxo creativo que consegue relaxar e concentrar a mente.

Proxecto titorando Curso 20-21

 

 

 

Un ano máis, poñemos en marcha o proxecto titorando, no cal un alumno/a  voluntario/a de 3º ESO titoriza a un/ha de 1º ESO. Este proceso ten por obxecto facilitar a integración e adaptación do novo alumnado.

Este curso, debido á situación producida pola pandemia actual, tivemos que adaptar este programa aos protocolos sanitarios.  As principais novidades deste curso, é que estas reunións presenciais serán programadas e levadas a cabo, en diferentes quendas, durante os 15 minutos de lectura semanal. Ademais, habilítase unha conta de chat para que titor/a e titorado/a poidan manter un contacto máis frecuente e poidan conversar, sempre e cando queiran. 

Tras varias sesións de motivación e formación ao alumnado titor, por fin puidemos levar a cabo as primeiras reunións. Foron uns encontros, nos cales todos/as chegaron con moita ilusión, puideronse coñecer un pouco máis e marcharon con gañas de que se puidesen organizar máis.

 

  

 

 

 

 

Concurso tarxetas nadal concello de Meaño

Hoxe soubemos das gañadoras no Concurso de Tarxetas de Nadal do Concello de Meaño. 

Noraboa ás alumnas Paula Martínez Rodiño de 1º C, María Dopazo Dovalo de 3º C e Alba Chaves Castro de 4º A.

Felicidades e BO NADAL!.

 


VIDEOCONFERENCIA COA CIENTÍFICA GALEGA SONIA VILLAPOL

O 16 de novembro, con motivo do mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º ESO participou nunha videoconferencia desde as súas aulas con Sonia Villapol,investigadora no Texas Medical Center(Houston, EEUU). Ela forma parte do equipo de investigación internacional da COVID-19,  e ademais é unha gran divulgadora científica. A súa charla levaba por título “Só a Ciencia nos rescatará da pandemia”. Tivemos a sorte de participar con gran acerto no turno de preguntas. 

É unha actividade promovida polo EDLG do Centro e o Dpto. de ACCEE.

Distribución de máscaras entre o alumnado

Distribución de máscaras entre o alumnado

 

 

 Hoxe 9/12/2020, ven de publicarse no Taboleiro do centro (tamén se pode consultar en internet ,no aplicativo "Fondolibros", con certificado dixital ou chave 365) a "Listaxe Definitiva do alumnado beneficiario das máscaras"

O alumnado entregoúselle unha circular que deberá traer asinada canto antes para proceder nos vindeiros días a distribución das máscaras.

 

 


 

Ven de publicarse no Taboleiro do centro (tamén se pode consultar en internet ,no aplicativo "Fondolibros", con certificado dixital ou chave 365) a "Listaxe Provisional do alumnado beneficiario das máscaras"

O período de reclamacións será de dous días , ata o vindeiro Venres 4 de Decembro , incluído.

 

Posteriormente publicaranse as Listaxes Definitivas e procederase á entrega das máscaras ao alumnado beneficiario tan pronto sexa posible.

 

 


 

A ORDE do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de Novembro) regula a distribución de máscaras entre o alumnado

Terá  dereito o alumnado que:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar(50€)  neste curso.( Non ten que presentar a solicitude. Téñenas concedidas por defecto.)

 2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

 a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

 b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Os que NON  presentaron a solicitude da axuda de material escolar, poden solicitar a súa participación no procedemento de distribución de máscaras SEMPRE QUE CUMPRAN ALGÚN DOS REQUISITOS ANTERIORES 

A presentación da solicitude farase de xeito presencial no IES. Consultar os requisitos no DOG do 13 de novembro.

 O prazo de presentación das solicitudes e do 16 ao 27 de novembro. 

 

A dirección

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2020

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2020

NESTA PÁXINA IRASE COLGANDO A INFORMACIÓN REFERENTE AO PROCESO DE ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR.

Adiase a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Achego enlace a Resolución.  publicada a primeiras horas desta tarde.

Todo o proceso queda paralizado ata ter novas instruccións da consellería.

22/10/2020

A Dirección

Proxecto Edixgal

Como ben sabedes o centro está inmerso no Proxecto Edixgal da Consellería de Educación , polo que o alumnaodo de 1º e 2º da ESO dispón dun ordenador portátil en concepto de préstamo.

Nesta web e nos portátiles do alumnado dispoñedes dunha pegatina cun código Qr que podedes escanear e na que podedes atopar información importante sobre o proxecto, entre outra:

Folleto Informativo ás familias con información dos teléfonos aos que chamar en caso de problemas co equipo ou dúbidas, así como de un seguro opcional que podedes contratar se o considerades oportuno.

Un Saúdo

A Dirección

 

Adiamento do inicio do curso

A Consellería de Educación ven de anunciar o adiamento do inicio do curso para os días 23,24 e 25 de Setembro.

Tan pronto como a Consellería  nos comunique o profesorado co que contaremos no IES de Meaño, para o curso 2020/21, tomaremos as decisións sobre desdobres de grupos e asignación de profesorado aos mesmos, e poderemos rematar de organizaer o inicio de curso e informar a comunidade educativa do desenvolvemento do mesmo.

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut