FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

EXITAZO ENTRE O ALUMNADO DE 3º ESO DOS ALMORZOS SAUDABLES

3º de ESO foi o grupo que tivo hoxe a oportunidade de compartir cos seus compañeiros e compañeiras un delicioso e, á vez, saudable almorzo nun ambiente moi distendido. Degustaron tostas de pan fresco con aceite de oliva e tomate e/ou xamón, plátanos, mandarinas, iogures con mel, leite de orixe animal e vexetal con avea... alimentos todos eles nutritivos que lles deu a enerxía para afrontar con alegría o resto da xornada lectiva deste venres.

Introduciuse esta clase práctica cunha breve explicación teórica sobre importancia do almorzo e das características que este deber ter para que sexa o máis nutritivo posible.

Esta actividade inclúese dentro das desenvoltas no Programa Educativo Nutriescolas que levamos a cabo este curso no noso Centro.

MÁXIMA EXPECTACIÓN ANTE O NACEMENTO DOS POLIÑOS DA GALIÑA DE MOS

O pasado 16 de outubro, alumnos e alumnas de 1ºESO depositaban ovos da raza autóctona Galiña de Mos nunha incubadora; este martes cumpríanse o ciclo de 21 días necesario para que nacesen e a expectación era máxima. Por fin o mércores nacían nove poliños que deleitan tanto ao alumnado como ao profesorado que os visitan. 

Hoxe, como prometera o director técnico veterinario de Avimos, Diego Rois, volveu visitarnos, nesta ocasión acompañado polo presidente da Asociación da Raza Galiña de Mos, Francisco Monasterio, para impartirnos unha charla sobre a raza e indicarnos os pasos a seguir para convertelos en esplendoroso galos e galiñas.

Diego Rois expuxo con detalle todos os estados polos que pasa o ovo fértil dende o primeiro día de incubación ata o nacemento dos pitos. Amosoulles cunha lanterna sobre un ovo que non rompeu, como se podía saber se dentro había embrión ou non. Tamén sinalou as características físicas das galiñas e galos de Mos como, por exemplo, que os galos presentan unha crista en forma de chícharo que os diferencia doutras razas ou como as galiñas non teñen ningunha crista; tamén fixo alusión a boa calidade dos ovos e da carne que fai desta raza un produto diferenciado que cada vez se demanda máis.

A Asociación quere con esta actividade dar a coñecer non só a raza, senón a importancia da súa protección e conservación. Estivo a piques de desaparecer anos atrás porén, coa perseveranza e traballo, puidérona recuperar.

Finalmente, e despois de que os alumnos e as alumnas que quixesen colleran os pitiños nas mans, depositáronse nun galiñeiro móbil para que, cunha lámpada vermella se manteñan a temperatura adecuada e sigan medrando. O alumnado gozou moito con esta experiencia e amosouse moi emocionado coa seguinte etapa que se inicia: a cría e coidado deste animais tan especiais xa para eles.

Visita emprededora ao Camping Costa da Morte

O pasado 30 de outubro estivemos no Camping Costa da Morte, no Lugar de Andregalla, 1, 15851 Lamas, A Coruña. Alí David Abelenda, xerente do camping, explicounos polo miúdo o plan de negocio. Descubrimos o turismo de interior, a súa oferta, as categorías dos clientes, a satisfacción coma reflexo da calidade dos servizos e como camiño de promoción das instalacións.

Tivemos ocasión de coñecer as novas tendencias, os tipis e glampings, á vez que os servizos tradicionais dun camping. Falouno da food truck, do lecer das familias con rapaces, das escapadas de fin de semana, das fuxidas das aglomeracións das cidades e reencontros coa natureza, nunha contorna ecolóxica e sostible. Repasamos as rutas máis transitadas e 
reclamadas polos residentes: o Camiño dos dos Faros, a Ruta da Auga de Zas...

Logo dun paseo polas instalacións, na beira do río, xa que o sol espertou noso espírito atlético, chegou o momento de falar dos erros: David expuxo sen andrómenas algúns deles, e como analizando os mesmos para evitalos, puido acadar a viabilidade do negocio.

Entregounos uns piñeiros en crecemento, co gallo de plantar un piñeiral de emprendemento no Maximino. Oxalá o logremos!

Grazas David. Unha experiencia inolvidable.

PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

O pasado luns, 4 de novembro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato B fixo unha saída didáctica ao Parque Eólico Experimental de Sotavento en Xermade (Lugo). Na visita ás instalacións puideron descubrir as diferentes fontes de enerxía renovables e non renovables dispoñibles (nuclear, eólica, solar, hidráulica, térmica xa sexa con combustible de carbón ou de gas natural). Aprenderon a importancia de usar os recursos naturais dun xeito responsable resaltando a importancia de reducir o consumo de enerxía eléctrica. Sinaláronlles a importancia da boa xestión dos recursos e subliñaron en como o consumo eléctrico pode afectar as fontes de enerxía que se empregan para a súa cobertura e, sobre todo, como pode influír no seu prezo final.

Ensináronlles como, cunha boa edificación, elixindo materiais e cunha organización adecuada dunha vivenda, pódese diminuír non só consumo eléctrico senón tamén o consumo de auga, un ben prezado que debe de protexerse, e facer ao mesmo tempo un fogar confortable. Indicáronlles como aproveitar o sol, fonte de enerxía, de xeito directo ou mediante paneis solares térmicos ou fotovoltaicos.

Antes de rematar a visita gozaron dun deliciosos chocolate preparado cunha cociña solar que lles deu azos para superar con éxito os retos que lles propuxeron para a elaboración duns circuítos eléctricos con paneis solares.

En conclusión: unha actividade moi motivadora e interesante para o alumnado na que todos e todas aprenderon moito sobre enerxías renovables.

COMEZAMOS UN ANO MÁIS COS ALMORZOS SAUDABLES!

No IES Maximino Romero de Lema comezamos un ano máis cos almorzos saudables. Esta cuarta edición foi iniciada polo alumnado de 2º ESO, que puido gozar dun almorzo saudable composto por: pan recén feito, xamón serrano, tomate, lácteos (iogur natural, leite, leite de soia, leite de avea, leite sen lactosa), cereais, cacao puro e froita variada e da tempada (plátano e mandarina).

A actividade comezou cunha breve charla sobre a importancia de almorzar e de facelo de xeito correcto para aproveitar as horas de aprendizaxe durante toda a xornada lectiva.

Esta iniciativa, importante para fomentar dende o instituto hábitos de vida saudables, enmárcase dentro do Plan Proxecta Nutriescolas que desenvolveremos durante este curso 2024-2025

QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES

O alumnado de 3º e 4º ESO participou no programa educativo: Que non te líen, ti elixes, da man de María LuísaBarros e Diego Vázquez da Fundación Laboral da Construción.

Despois de explicar en que consiste a Fundación centráronse en aspectos importantes a ter en conta á hora de elixir ao que os e as adolescentes se queren dedicar profesionalmente: non deixarse influír polos familiares, polos amigos/as ou pola sociedade en xeral, xa que a onde querenchegar depende exclusivamente deles e delas; facerse preguntas como que sei facerque se me dá benter boa actitude e valores positivos; manter sempre a curiosidade porque nos enriquece como persoa; seguir formándosecontinuamente para que se abra o abano de oportunidades:Ninguén pode escoller o que non coñece.

A través das respostas do alumnado á cuestións que lle ía formulando, María Luísa foi sinalando estereotipos que perduran e que son un obstáculo para lograr a igualdadelaboral como o de atribuír cores e xogos diferentes para nenos e nenas, ou profesións diferentes para homes e mulleres. Neste sentido destacou a importancia de visibilizar as mulleres que traballan en sectores que dende sempre se lles atribuíu aos homescomo é o da construción, o do metal, o da madeira ou o do mar. Outros aspectos tratados foron o concepto do teito de cristal -limitación ás mulleres do ascenso laboral dentro dunha empresa- ou o feito de que as mulleresestean peor pagadas desenvolvendo o mesmo traballo cós homes.

Cunha animada participación o alumnado foi realizando reflexións que esperamos que lles axuden na sociedade futura a romper a brecha de xénero existente, hoxe en día, en certos sectores moi masculinizados.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL BRAVÚ XXXX

O alumno de 1º BACH visionou hoxe o filme Bravú XXX que nos achegou o Concello de Zas co apoio da Deputación da Coruña. Un documental no que Xurxo Souto, líder do grupo Os Diplomáticos de Monte Alto, exerce de guía nunha viaxe por localidades galegas destacadas no mundo do cosmo bravú para achegarnos este movemento dende dentro da nosa historia musical.

O documental comeza en Pontevedra cunha renovada versión do Estou na lavadora da man das mozas de Rager. Dende a alí Souto viaxa á Coruña para encontrarse con Paola Beiros das Garotas da Ribeira, Nuno Pico (Grande Amore) e Xosé Manuel Pereiro (Radio Océano). A continuación reúnese con Sés en Compostela e en Vigo, cos Vacaloura de Teis.

A viaxe remata na Taberna Caballero, na aldea de Viana, en Chantada, lugar onde se iniciou o movemento, no marco daquel I Castañazo Rock, e que os protagonistas etiquetaron para si mesmos, o bravú. Os confundadores do movemento, Rafa Martínez (O Caimán do Río Tea), Benxamín Queiro (Impresentables de Vimianzo), Antón Díaz, dos Papaqueixos, e Richi, dos Rastreros pechan trinta anos despois do nacemento o círculo con reflexións do que supuxo para eles este fito da nosa historia musical: “Grupos de música cantando en galego e sobre temas das súas propias vidas, poñendo a aldea e os arrabaldes das cidades no centro”

O filme é un magnífico proxecto que rescata a historia da música que revolucionou á rapazada galega de finais do século XX e que a actual debe coñecer como parte da nosa cultura

O SAMAÍN E O MAGOSTO NO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

Celebramos o Magosto no IES cunha chea de actividades que se desenvolveron durante toda a semana: un obradoiro de origami, un mural sobre o Samaín, un podcast, unha decoración terrorífica das portas das aulas, mortos vivintes polo centro e, como remate de todo, unhas saborosas castañas asadas para despedir esta semana e coller folgos para o que queda de trimestre.

Esperamos con ansia o magosto e samaín do 2025!!!!

Distribuir contido