FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

O IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA NO FESTIVAL FOCO

O noso Centro acudíu ó festival FOCO de cine educativo en Fuente Obejuna (Córdoba) a pasada fin de semana. 

Dúas alumnas de primeiro de Bacharelato, Yamila Vigo Landeira e Sonia Vázquez Tomé acompañados polo profesorado coordinador, Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, acudiron ó Festival de curtametraxes Foco 24 de Fuente Objejuna en Córdoba coa curta “Precursoras en la lucha por la igualdad”, traballo destinado a promover a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia.

Esta curta, que foi seleccionada para o festival na categoría de campaña entre máis de 100 curtas candidatas, fai uso da intelixencia artificial para promover a igualdade. 

As protoganistas da peza “entrevistan” dende Radio Baio, a Clara Campoamor e Emilia Pardo Bazán, para que coñecer como era a loita pola igualdade na época destas dúas persoeiras, loitadoras polos dereitos da muller nos seus distintos contextos históricos.

Finalmente, “Precursoras en la lucha por la igualdad” non poido acadar o premio pero, queremos subliñar a increíble experiencia que Yamila e Sonia recibiron no festival, participando con alumnado de distintas partes de España en actividades organizadas dende o xoves 17 ó 20 de outubro

As alumnas conviviron cunha familia local que as acolleron nas súas casas durante estos días e viviron unha experiencia única de participar nun festival de cine educativo como FOCO. 

Dende o IES Maximino Romero de Lema queremos agradecer o trato recibido por parte da organización do festival e, en especial a Carmen e Manuel, acolledores de Yamila e Sonia esos días, pola súa calidade humana e amabilidade. 

O premio xa foi, sen dúbida, que Yamila e Sonia acudiran a este evento educativo do audiovisual que reuníu a moitos centros de España. 

CARTA A UN MILITAR

O venres, 18 de outubro do 2024, asistimos na Delegación de Defensa en Galicia, sita na Coruña, á entrega de premios do XI concurso "Carta a unha militar española". O evento, nesta edición, rememoraba os 35 anos da incorporación da muller as FFAA.


A nosa alumna Milena Pazos Rial recibiu un agasallo e diploma, entregado polo Coronel Antonio Bernal Martín, delegado do Ministerio de Defensa,  como recoñecemento pola sua "Carta a unha militar". Esta misiva elexiuse por un tribunal de entre todas as entregadas no IES, dacordo coas bases da convocatoria.


A directora do IES, Ana Facal Maroñas, trouxo o diploma acreditativo da participación do centro nesta convocatoria. Desta volta foi o Xefe Territorial da Consellería de Educación na Coruña, Indalecio Cabana Leira, quen fixo a entrega. 

Aproveitouse para lembrar aos "caídos pola patria" cun ramo de flores, colocado diante do monolito cos recorda no interior do edificio da Delegación.
Resultou un acto emotivo, sinxelo e breve. 

Moitas grazas por invitarmos ao acto.

1º ESO PARTICIPA NUN PROXECTO DE EDUCACIÓN AVÍCOLA

Por segundo ano consecutivo dende o Club de Ciencia  desenvólvese un proxecto de educación avícola sobre a recuperación, conservación e fomento da raza autóctona Galiña de Mos, actualmente un produto delicattesen nas nosas mesas. Será o alumnado de 1º ESO o encargado de levalo a cabo e contarase coa colaboración da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos.  

A semana pasada despois de escoitar a charla explicativa realizada polo veterinario Diego Rois sobre as características dos ovos, o mecanismo de incubación con controis de temperatura e humidade, e o nacemento dos poliños, vinte alumnos depositaron cadanseu ovo na incubadora e amosáronse moi ilusionados ante a perpectiva de ver nacer un pitiño do ovo que colocaran.

Diego Rois despediuse prometendo regresar en canto nazan os pitiños - aos 21 días- para indicarlle ao alumnado os pasos a seguir para mantelos con vida e que vaian medrando. Ata daquela só queda controlar o aparello para que as condicións sexan idóneas e... ter moita paciencia!  

FIXANDO NO COLIVING

O pasado martes, 1º e 2º CM participou nun encontro con empresarias que forman parte do proxecto "Fixar" da Consellería de Traballo e que estiveron a residir no iSlow de Laxe. Invitámolas para que compartiran, de xeito conciso e espontáneo, as súas travesías profesionais en distintos sectores económicos.

Marta Somoza do ámbito da Decoración, Aida Ferreiro de Adega Casa da Barca, Lydia González de Maowdesing(Decoración) e Laura Jakobeit de SuCo constituíron o grupo de emprendedoras que se achegou da man de Julio Rodríguez de iSlow.

Expuxéronlle ao alumnado os seus respectivos camiños de emprendemento, comentando éxito e erros. Tamén responderon a cuestións do plan de empresa e subliñaron, como eixo crucial, a propia motivación e a paixón pola idea de negocio. 

É un pracer coñecer a xente con folgos, incansables ao abatemento, cheos de inquedanzas e inquebrantábeis ante as adversidades. Aquí quedan aliadas, para sempre, regresade cando queirades.

Visita á Ganadería os Loureiros

No día de hoxe, 16/10/2024, visitamos as instalacións da Ganadería Os Loureiros, no Lugar de Reparada, Parroquia de Salto (Vimianzo), moi cerquiña do noso IES.
Esta ganadería, cunha inversión en instalacións de mais de 5 millóns de euros, conta cun número de reses entorno aos 900. Nela traballan 17 personas, a turnos, para atender as necesidades dos animais e servir a leitería. Unha das cousas que maior atención captou da rapazada foi o almacén dos residuos orgánicos, que se garda coa intención de abonar os campos que surten de materias primas a propia granxa.

O seu impacto ambiental é mínimo, dacordo coa calificación concedida pola administración. Por certo, logo de tres anos de inspeccións e comprobacións.

A súa intención é a de seguir crecendo a un ritmo dun 3% anual, si as circunstancias o permiten.

Moitas grazas, Tino e Víctor, polo voso emprendemento e lección de vida.

INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS BAIOLENDO

Hoxe luns 14 de outubro, inauguramos o Club de Lectura de Adultos. Xa é o terceiro ano no que nos reuniremos unha vez ao mes, os luns de 15.30h a 16.15h na Biblioteca do Centro. Durante corenta e cinco minutos deixamos de lado as preocupacións cotiás e saudamos a chegada da imaxinación, da conversa e das reflexións arredor do libro elixido.

Arredor dun café e uns doces cada un de nós fomos presentándonos e comentando as nosas preferencias literarias. A primeira proposta é Os mortos que amei de Iria Collado, unha espléndida escolla para comezar esta nova andaina literaria, e contaremos coa presenza da autora o 11 de novembro.

Desta maneira, animámosvos a unirvos a esta festa do libro para gozar da lectura, espertar a imaxinación e a creatividade e fomentar a comunicación  e a capacidade de escoita aprendendo uns de outros.

FAI QUE CHE RENTE! 

O pasado xoves visitamos co alumnado do 2º CM do SMR as dependencias do Banco de España na Coruña nas que se nos impartiu o taller Fai que che rente. Esta actividade encádrase no programa de Aulas de Emprendemento e no de Finanzas para todos do BdE.

No taller, Iria e Quique, achegáronnos aspectos da cultura financeira que todos deberiamos coñecer. Debullaron o noso comportamento como consumidores/compradores, os medios de pago que empregamos (efectivo, e tarxetas de prepago, débito, crédito, revolving..), as nosas expectativas de aforro-consumo nos escenarios presentes e futuros, para rematar cun sofisticado encontro coa fraude bancaria e as súas características.

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA E Á VALEDORÍA DO POBO

Os dous grupos de 1º de Bacharelato visitaron  o 9 de outubro o Parlamento de Galicia e a Valedoría do Pobo, ambas institucións en Santiago de Compostela. Organizáronse estas visitas para coñecer as institucións e as súas funcións, composición e organización. 

A visita ao Parlamento foi moi enriquecedora, visitamos as principais salas e as súas funcións, explicáronos as funcións que se levan a cabo no Parlamento e as puxemos en práctica co noso día a día, revelando que as cousas máis cotiás teñen a súa orixe nas normas que se redactan no Parlamento. 

Tamén nos sentimos por uns minutos como parlamentarios/as ao ocupar os seus escanos mentres escoitamos a experiencia dunha parlamentaria que xa visitara o noso Centro o curso pasado, Carmen Pomar, e tamén pasou a saudarnos un parlamentario por Carballo, Rubén Lorenzo.

Tras a visita por todo o edificio e o lugar que ocupan as oficinas e dependencias dos distintos grupos parlamentarios, déronnos un pequeno agasallo de recordo do noso paso polo Parlamento.

 Despois acudimos á Valedoría de Pobo, xusto ao carón do Parlamento para coñecer as súas funcións de amparo ante violacións de dereitos fundamentais.


Foi unha mañá moi enriquecedora e, quen sabe se espertou algún interese para futuros parlamentarios e parlamentarias!

Distribuir contido