O pasado 30 de outubro estivemos no Camping Costa da Morte, no Lugar de Andregalla, 1, 15851 Lamas, A Coruña. Alí David Abelenda, xerente do camping, explicounos polo miúdo o plan de negocio. Descubrimos o turismo de interior, a súa oferta, as categorías dos clientes, a satisfacción coma reflexo da calidade dos servizos e como camiño de promoción das instalacións.
Tivemos ocasión de coñecer as novas tendencias, os tipis e glampings, á vez que os servizos tradicionais dun camping. Falouno da food truck, do lecer das familias con rapaces, das escapadas de fin de semana, das fuxidas das aglomeracións das cidades e reencontros coa natureza, nunha contorna ecolóxica e sostible. Repasamos as rutas máis transitadas e
reclamadas polos residentes: o Camiño dos dos Faros, a Ruta da Auga de Zas...
Logo dun paseo polas instalacións, na beira do río, xa que o sol espertou noso espírito atlético, chegou o momento de falar dos erros: David expuxo sen andrómenas algúns deles, e como analizando os mesmos para evitalos, puido acadar a viabilidade do negocio.
Entregounos uns piñeiros en crecemento, co gallo de plantar un piñeiral de emprendemento no Maximino. Oxalá o logremos!
Grazas David. Unha experiencia inolvidable.